Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 11 de Diciembre de 2019

Otras localidades

O CD Lugo deixa "escapar vivo"ó RC Deportivo

Ecoita a anáilse dos adestradores tras o empate (0-0) no Anxo Carro

Rolda de prensa post derbi /

A gran festa do fútbol galego pasou. E sen facer moito ruido porque o Derbi queda en táboas en sen goles. Entre abrazos se despedían os xogadores, irmandados polo reparto de puntos, pero sabendo que perdían cadanseus obxectivos.

Segundo o positivismo de cada quen, o resultado, e o partido en si, pódese ver co vaso medio cheo ou medio baleiro. Igual que os adestradores. Luis César, que voltaba a que fora a súa casa, saía cara a cidade herculina convencido de que " se non metes un gol máis que o rival, non gañas. Pero a solidez defensiva que atopamos xa significa algo e imos polo camiño".

O adestrador deportivista recoñecía a dureza do campo lucense: "Fun adestrador aquí. Sei como de duro é este campo. Aqui pasaron equipos coma o Huesca ou o Rayo Vallecano e caeron. Non se pode desmerecer un punto en Lugo", reflexionaba.

Se nalgo coincidiron ambos equipos, e tamén ambos adestradores, é na mala xeira cara ó gol. Houbo ocasións para os dous galegos, calquera puido culminar o partido e facerse cos tres puntos. A máis clara para o CD Lugo a de Barreiro no minuto 3 de partido e para os visitantes un cabezazo de Mollejo. Pero ningún tivo o día.

As sensacións no vestiario albivermello é que se deixou"escapar vivo" a un rival máis que directo, dadas as circunstancias da competición."Sabíamos a lo que nos enfrentábamos. Un rival compicado, los condicionantes del Derbi son los que son... Siempre que no pierdes sumas, pero si, les hemos dejado escapar vivos", reflexionaba Eloy Jiménez en rolda de prensa.

En liñas xerias, destaca o caracter e a agresividade coa que, o seu xuizo, o equipo saltou o campo. "En casa tenemos que ser así de agresivos y someter al rival. Las sensaciones son buenas, aunque nos hubiera gustado ampliar la distancia".

Sorprendía o míster no once. Ca baixa de Canella, e como xa viña aunciando ó longo da semana, animouse ó de Hellín a explorar novas fórmulas. José Carlos no lugar de Lebedenko e Leuko no lateral dereito. "Me gusta sentir que tengo una plantilla viva. Todos han dado un nivel muy alto". 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?