Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 12 de Diciembre de 2019

Otras localidades

O CD Lugo compensará ós perxudicados pola venda do suplemento online

A entidade albivermella pide desculpas ós afectados e explica o modus operandi baixo o que actuaron

Vista aérea do Anxo Carro /

A entidade albivermella busca como compensar os cento nove  afectados pola retirada online do suplemento no #LugoDépor. O responsable de implementación da venda online do clube, Julián Castaño, sentábase ante os micrófonos do Ser Deportivos para contala versión oficial do CD Lugo.

Segundo explica, actuaron de inmediato en canto se decataron de "que as persoas que tiñan retirado o suplemento de xeito online, por algunha razón que todavía descoñecemos, non podían acceder ó partido porque o torno non llo recoñecía. Levábamos toda a semana facendo probas e o domingo pola maña todo íba ben", explica.

Entre os afectados pola traba informática atópase Xabi Pardo. Este afeccionado relátanos a súa experiencia. "Eu recibín o mail que me confirmaba que non tiña que retirar ningunha entrada porque se activaba automáticamente co meu carnet. Para confirmalo chamei ás oficians e dixéronme que estaba todo correcto. Cando nos tornos non me deixaron entrar, os de seguridade me mandaron dirección cara á  taquilla cero e de ali a outra taquilla na que había unha cola moi longa", describe.

Ante a "lentitude" coa que se avanzaba, Xabi recorreu a un amigo que tiña unha entrada de máis. "Xa iban 35 minutos de partido e non avanzaba a cola entón collín a entrada sobrante dun amigo e entrei. Eu xa non agardei máis, pero houbo moita xente de fora, de Foz, por exemplo, que pagaron, viron cara a Lugo e perderon boa parte do partido", resalta.

Lamenta o afecionado que "non se colgue nin un chío pedindo desculpas e que se valora o reembolso da entrada". A entidade explica que "si se dará unha compensación ós afcetados" e que se poñerán en contacto con eles de xeito "persoal".

O clube non evade resposabilidades, Castaño explíca que a web a través da que se realizou a venda online non está xestionada directamente por eles. Dende xaneiro levan estudadas varias propostas para realizar esta venda online e decidiron optar para facere cargo "por unha empresa de recoñecido prestixio coma é o Corte Inglés porque traballa, entre outras cousas, coa Liga".

Dende o CD Lugo asegura que levan inmersos o no proxecto dende o pasado mes. "Cando llo propuxemos ó Corte Inglés e a Expertus, que así se chama a empresa, semellaba un desenvolvemento sinxelo. Fixéronse as probas pertinentes e non houbo problemas". Con todo, non tardaron en aparecer ca posta en marcha, real, do proxecto.

O lúns, na páxina web, aparecían dispoñibles as localidades ocupadas polos socios. Foron moitas as críticas que entre os afeccionados se lanzaron contra o clube polas trabas atopadas. Castaño insiste en que dende o mesmo instante que foron conscientes do problema puxéronse máns á obra."Así, o xoves xa se puido abrir o proceso de venta online."

Por agora o clube asegura estar a estudar diferentes xeitos de compensar o dano perxudicado. "Sabemos que non podemos devolverlles o partido, nin recuperar o tempo que perdeorn mentres tramitábamos a xestión. Pedimos desculpas".

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?