Nordés DeportivosNordés Deportivos
Deportes
Universo Calvo

Luciano Calvo: "Xogar en Riazor é o máis lóxico porque é un club amigo"

00:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1575391327_747849/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Despois de moitas voltas, finalmente a Federación Española de Fútbol expuxo este martes as razóns polas que o campo das Eiroas era considerado non apto para acoller ese histórico partido entre Bergantiños e Sevilla. E xunto a esas razóns, tamén propuxeron catro opcións onde se podería celebrar ese encontro.

Sorprendentemente, entre elas, estaba Riazor, que nun principio fora denegado polo Deportivo debido ao deterioro do céspede. Ao Bergantiños, o club coruñés aínda non lle comentara nada, pero este mércores ambas directivas tiveron unha reunión e pecharon o acordo para que a eliminatoria de Copa do Rei se dispute en riazor.

Finalmente, despois de algunha disputa a través das redes sociais, o Deportivo cédelle ao equipo carballés o estadio de Riazor para o encontro que se disputará o vindeiro mércores 18 de decembro, as 18:00 horas da tarde. Se abrirán as gradas de Preferencia Inferior, Preferencia Superior e o palco presidencial, e o prezo único das entradas será de 10€.

No Universo Calvo de esta semana falamos co presidente do club carballés Chano Calvo, quen nos atendiu minutos despois de recibir o comunicado da Federación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00