Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 23 de Enero de 2020

Otras localidades

... fun a un cume do clima

Esta semana, ademáis da xornada do Foro A Coruña 2030 organizada por esta casa, está tendo lugar a COP25, o Cume Mundial do Clima en Madrid. Non vou a entrar na ironía de que se celebre nunha cidade cuxo alcalde quería ampliar a cantidade de tráfico rodado que circulaba polo centro e tivo que vir un tribunal a decirlles, parade isto, que isto mata xente. Todo isto grosso modo.

O do cambio climático trae consigo un pequeno movemento de negacionistas, que non sería perigoso se non fose que algúns son dirixentes e toman decisións (Tuse, Trump, máis tusidos, Curmán de Rajoy...). Con isto dos negacionistas veñen da man uns cantos falsos mitos, como que non hai consenso científico (falso), ou que non é cousa do ser humano, que é a natureza, (falso), ou que o quecemento global ten efectos bos para algúns sectores, como a xente que vive na alta montaña ou países sobre o paralelo 50.

Si que facilitaría, por exemplo, o cultivo de hortalizas en Estonia, ou que en Reino Unido se dé mellor viño, que non sei eu se son máis ben de pintas de cervexa. Mais iso so beneficiaría a un 5% da poboación, mentres enfermedades que se xeran en países máis calidos se propaguen máis facilmente e que tenderíase a fenómenos extremos máis frecuentes, como inundacións, e diso sabemos ben en Betanzos ou no paseo marítimo da Coruña.

Un dos atractivos mediáticos deste cume do clima é a presenza da Hannah Montana da ecoloxía, o Justin Bieber do pensar en verde, Greta Zanbe... Thungbir... A rapaza esta que chegou en catamarán a Lisboa hai uns días. Que chegou en plan reis magos saudando dende a súa embarcación, salvo que sen lanzar caramelos, que se non vaia contradicción. E houbo un momento que se falou que ao igual Greta podería acabar parando en A Coruña ou Vigo en vez de Lisboa, pero case mellor, porque entre o Blue Star e as luces de Nadal de Vigo colle e dá media volta.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?