Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 21 de Enero de 2020

Otras localidades

Quique, contacontos: "Temos a sorte de ter un idioma e unha cultura fermosísimos"

Xornada de contacontos a cargo de Polo correo do vento en Ferrol

Este domingo a Asociación cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle, dentro do programa Apego, unha xornada de contacontos a cargo de Polo correo do vento, un colectivo fundado por Carlos Taboada e máis Enrique Mauricio que leva máis dunha década traballando con cativos. "Entramos neste mundo de casualidade pero nos vemos de vellos contando por Galicia adiante", contan. Co seu traballo, tentan que os rapaces coñezan autores, crenzas ou lugares de Galicia dun xeito divertido. "Temos a sorte de que ter un idioma e unha cultura fermosísimos", explican.

Este domingo a historia que levan preparada é 'Misterio de Nadal', na que intervén Antón, que musicará parte do que Enrique conte e Carlos pinte. Logo de escoitalos e ver o debuxo, os nenos que se acheguen poderán facer unha caricatura.

Grazas a Polo correo do vento, neste A vivir falamos da figura do contacontos.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?