Sociedad | Actualidad
DEPORTE

6.200 euros de solidariedade para Pequenos Superheroes nunha andaina

Pequenos Superheroes, entidade que promoven os familiares de enfermos de Miopatía Tubular ee Centronuclear

Acto de entrega da axuda da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín / Deputación Provincial de Ourense

Acto de entrega da axuda da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín

Ourense

O Pazo Provincial acollleu, como xa fixera coa presentación da actividade, o acto de entrega de axuda económica derivada da ´´ Andaina Solidaria´´ 2019 que organizou o Concello de Nogueira de Ramuín, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e otras entidades, en favor da Asociación ´´ Pequenos Superheroes ´´, entidade que promoven os familiares de enfermos de Mioapatía Tubular e Centronuclear. A andaina, que tivo lugar o pasado 23 de novembro tendo como referente ao pequeno Rafa, un neno de 15 meses que padece esta enfermidade, contou con máis de 200 inscritos e 350 participantes na Fila Cero, para que as persoas puidesen colaborar con esta asociación.

Desta maneira, coa presenza do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente, fixo entrega aos pais de Rafa,  Raquel e Santiago, da cantidade económica recadada na andaina, un total de 6.264 euros, que irán destinados á asociación para realizar traballos de investigación na procura de solucións para a miopatía tubular. O acto de entrega da axuda contou tamén coa participación do concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00