Deportes
CD Lugo

Eloy Jiménez: "En estas ocasiones soy más fuerte"

Escoita as declaracións do míster trala derrota (1-2) ante ó Sporting de Gijón

Rolda de prensa post Sporting / cadena ser

Lugo

A mareona, comeu ó polbo. O Sporting de Gijón matou a un Lugo que se fixo rei do segundo tempo, pero que non foi quen de minimizar erros e rendabilizar ocasións. O colchón merma e o descenso queda a dous puntos.

Tras asinar unha primeira parte na que ós de José Alberto se impuxeron grazas a un tanto de Djuka, e maniataron os locais, os amurallados regresaban ó céspede deixando claras as súas intencions. A ansiedade de buscar o segunto tanto antes de conseguir o primieiro levaba ós albivermellos a cometer imprecisións e erros que se convertían en ocasións perdidas. Un atento Cristian Herrera puxo as táboas no electrónico e cando máis alas lle naceron os de Jiménez, máis rápido se encargou Djuka de cortarllas. 

Co 1-2 no marcador, a quinta xornada sen vencer para o CD Lugo, Eloy Jiménez culpaba os erros "puntuais" do resultado final. "Ha sido un partido muy igualado, hemos tenido  ocasiones... Teníamos que haber apretado más. Creo que nos han penalizado demasiado los errores puntuales, dos acciones que han sido gol", explicaba en rolda de prensa.

Escoita a Eloy Jiménez trala derrota ante o Sporting

05:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1576444723_095181/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Non compartía a mesma visión José Alberto. O adestrador visitante amosábase feliz polos tres puntos e recoñecía ter sentido" sensación" de perigo máis que de gol, na segunda parte. "En la segunda parte han estado más cómodos por errores nuestros, balones perdidos... pero no han generado ocasiones de gol", dicía

O certo é que as contas non axudan. De quince puntos que podían ter sumado nos derradieros cinco partidos, só sumaron dous. "Estoy tranquilo.Se que es una situación en la que tebemos que reaccionar ya, pero en estas situaciones son en las quemás fuerte soy", subliñaba. Coa seguridade en si mesmo do adestrador, e o graderío enfadado, remata a xornada 20 da Liga SmartBank no Anxo Carro. Que o ano que ven, se de mellor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00