Sociedad | Actualidad
A Radio Conta

O Concello da Coruña habilitará un piso no Ofimático para as familias con nenos enfermos de cancro

A Radio Conta: radio, teatro e solidariedade a través das ondas

Equipo de A Radio Conta 2019 / Radio Coruña

A Coruña

A Radio, con maiúsculas, volveu converterse nun altofalante da Solidariedade. Este 28 de decembro, as emisoras públicas e privadas da Coruña uníronse, por sétimo ano consecutivo, ao redor da iniciativa A Radio Conta, durante tres horas no Teatro Rosalía De Castro, para ofrecer un espectáculo con moitos ingredientes e visibilizar o labor e as demandas de ASANOG, Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia. A entidade necesita un piso na cidade para que as familias poidan ter un espazo para descansar, desconectar un intre ou simplemente asearse mentres teñen aos seus fillos hospitalizados.

Anuncio da alcaldesa da Coruña ás familias con nenos enfermos de cancro

E o Concello tomou nota e a alcaldesa Inés Rey, #ante un auditorio cheo, anunciou que o Consistorio habilitará unha das vivendas que se constrúan no Parque Ofimático. Rey afirmou que é un pequeno gran de area e que se poñerá en contacto coa Xunta para que nas futuras residencias que se constrúan na Coruña tamén se poidan incluír a estas familias de pacientes con cancro sometidos a longos tratamentos. Foi o anuncio máis esperado- e iso que era o Día dos Santos Inocentes pero era a noticia máis desexada - e así se produciu. E as ondas foron testemuña diso. 

Inés Rey, Alcalesa de A Coruña

00:39

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1577714928_446584/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

De cinco a oito da tarde, a través do dial de todas as emisoras, escoitáronse as voces de nenas enfermas de cancro, Noa, Claudia e Alexandra, contando as súas habilidades e as súas afeccións e como fan para divertirse no hospital cando a enfermidade déixalles. E tamén que queren ser de maiores. E o testemuño de Eugenia, mamá de Jorge de 7 anos, diagnosticado de leucemia aos dous, que non deixou de aproveitar para reivindicar máis psicólogos e máis resilencia porque "son transos moi duros que che pon a vida pero, aínda así,son das convencidas -dixo- de que hai luz despois do túnel". Palabras que foron ratificadas por outros profesionais que traballan para a asociación.

Todo isto aderezado co humor e coa empatía coas familias de ASANOG que demostrou Xosé Antonio Touriñán -que o deu todo e máis nesta edición da Radio Conta-, de Moncho Borrajo, que soprou a vela que o equipo lle tiñamos preparada polos seus aniversarios, e que xunto a Lupe Blanco fixo rir a todos coa súa regueifa. E coa sorpresa de Carlos Blanco, que no último momento foi levantado da butaca desde onde vía o espectáculo por Touriñán e aceptou participar nunha das obras de teatro que deleitaron aos asistentes. Teatro, con guión de Óscar Cruz, que sementou de gargalladas o Rosalía.

Os políticos, actores por un día

Polo escenario pasaron Inés Rey -que fixo de Ángela Channing e á que moitos auguraron un futuro prometedor no mundo da interpretación, no caso de que decidise retirarse da política-; Roberto Rodríguez , o portavoz do PP municipal que se incorporou no último momento á obra como consecuencia da marcha de Beatriz Mato da política activa e que, pese ao pouco tempo que tivo para ensaiar, sorprendeu polas súas artes interpretativas; María García, de Marea Atlántica, que se meteu no papel de Phoebe; Francisco Jorquera, o portavoz do BNG, que fixo unha interpretación de profesor que ninguén dubidou en cualificar de "maxistral" e Mónica Martínez, a concelleira de Cidadáns, que non dubidou en facer de narradora. Eles eran os novatos, os profesionais foron Luís Iglesia e Marita Martínez, que unha vez máis ofreceron a súa saber facer e a súa faceta solidaria.

A radio sempre ligada á música

Na Radio Conta nunca falta a música. En directo, coas súas guitarras e pandeiretas, no teatro coruñés cantaron Tanxugueiras, Brais Morán, Pablo Díaz. Todos confesaron que o fixeron encantados de formar parte desta historia. Outro dos ingredientes foi o deporte, con dúas invitadas de excepción e coa mirada posta nas próximas Olimpíadas, Sofía Toro e a novísima Julia Benedetti da que tanto se espera.

O xuíz José Antonio Vázquez Taín tampouco dubidou en subir ao escenario cando foi requirido e facerlle unha "homenaxe" a Touriñán e Lucía Veiga tivo o seu momento ao dar vida a un dos personaxes teatrais.

Colaboracións para que todo fose posible

A creatividade e a imaxinación da Radio Conta púxose claramente de manifesto no espazo de noticias que, sobre os efectos do cambio climático, contou como podía ser A Coruña alá por 2063. Digna de destacar foi a colaboración de Juan Naya da Sala de pantallas do 092, do deseñador Antón Lezcano, de Juan Taboada de Meteogalicia, do astrónomo Borja Tosar, de Mirian Ríos, a capitá do Depor Abanca e do óptico Manuel Sánchez Rubal. Sinxelamente estiveron excepcionais, tanto como os compañeiros da radio que "pensaron" a informativo sorpresa da tarde. Isto e todo se puido ver por streaming a través da web do Concello e tivo o seu seguimento en redes cos tuiteros Silcerino, Sindo Novoa, Uxío, Javier Varela e Carolina Regueira.

Ás cinco da tarde comezou todo e ás oito terminou. Coa foto de familia de máis de 40 profesionais, entre xornalistas e técnicos das emisoras da cidade herculina, nunha iniciativa que segue sendo única na radiodifusión española. Todos quedaron satisfeitos por como saíra a cousa. Coa intención de repasar fallos, axustar detalles, si, pero coa vista posta xa en decembro de 2020. E é que A Radio Conta converteuse nunha das citas do Nadal na Coruña. Cargada sempre de moita ilusión, solidariedade, traballo e un obxectivo común. E seguiremos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00