Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
A Fondo

O amor máis lonxevo polo seu traballo: 54 anos sen un día de vacacións

A Fondo, peche de bares históricos na Costa da Morte

A Fondo, peche de bares históricos na Costa da Morte

11:13

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1578064775_375729/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O cambio de ano, trae case sempre momentos nos que  adoitamos a mirar o que deixamos atrás, o que perdemos no ano anterior, ou que gañamos neste. Ou simplemente, algo que vai a mudar a partir de agora. E iso moitas veces ten que ver cos lugares que mas frecuentamos: as tendas do noso pobo, os quioscos, ou os bares, que moitas veces aproveitan o cambio de ano para dar por finiquitado o negocio... 

E, é que, ao final nos bares, guste mais ou guste menos, é onde pasamos unha boa parte da nosa vida. Coa familia, cos amigos ou sós incluso, ao carón de eternos donos e camareiros que pensamos que van a estar sempre ahí para atender as nosas demandas...

É algo do que seguro que se dan conta en Carballo ou Laxe, e que van a sentir moi dentro en Cee se todo marcha segun o previsto. No caso da capital de Bergantiños, moitos veciños están a a botar xa de menos a cafetería Sinagoga, que levaba case 30 anos no local que se atopa diante do concello.

En Laxe, foi o Rivera o que pechou as súas portas o derradeiro día de 2019 despois de 69 anos sendo todo un referente na vila e pasando de pai a filla. E en Cee, falamos do Villaverde, o mítico bar da recta de Lobelos que leva aberto dende 1966 con Leopoldina Mouzo e o seu marido ao mando dende entón, aínda que el decidiu xubilarse hai uns anos. Tiñan pensado deixalo definitivamente co final do ano pasado, pero a falta de xente que lle convenza para alugalo e o amor polos clientes e o negocio, fai que aínda siga aberto hoxe. Abrindo, por suposto, tamén o 1 de xaneiro.

Preme no audio e escoita a historia que hai detrás dos que ocupan a barra de cada un deses históricos espazos da nosa bisbarra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00