Sociedad | Actualidad
XADREZ

Boa nota para Iván Salgado no mundial de Moscú

O ourensán estivo entre a élite mundial na capital Rusa

Iván Salgado despide o ano 2019 con nota, no mundial de Moscú / Alfil y Caballo

Iván Salgado despide o ano 2019 con nota, no mundial de Moscú

Ourense

Moscú acolleu os campionatos do mundo de xadrez nas súas modalidades ´´xadrez rápido e xadrez relámpago´´, coa participación de máis de 200 especialistas de máis de 50 países, en cada unha de ambas modalidades.

O Noruego, Magnus Carlsen, vixente campión e nº 1 do mundo, fixo gala da súa condición, impoñéndose en ambas probas.

A embaixada española, composta por Vallejo, Guijarro, Shírov, Castellanos, Rosell, Santos Ruiz e o propio Iván Salgado, colleitou positivos resultados. En concreto Iván Salgao na modalidade de xadrez rápido empatou no posto 67º, e entre 270 participantes, e na modalidade de ´´ Blitz ´´ (xadrez relámpago, ou rapidísimo), rematou  nun positivo posto 66, empatado no 59º, tamén entre máis de 200 especialistas.

En ambas modalidades o Gran Mestre do Club Deportivo Xadrez Ourense, Iván Salgado, mellourou a previsión inicial ao mellorar co seu posto final, o seu ránking inicial en docenas de postos, en ambas categorías.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00