Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CD Lugo

Un Lugo apagado nun Anxo Carro desalmado

Sé o primeiro en escoitalas valoracións dos técnicos tralo Lugo-Almería (0-4)

Curro Torres e Guti en rolda de prensa / cadena ser

Curro Torres e Guti en rolda de prensa

Lugo

A primeira labazada mellor cando hai tempo para enmendalos erros. Si, pero Curro Torres estréase no banco albivermello cun castigo extremo. O 0-4 co que comeza o 2020 para o CD Lugo, deixa ó míster con cara de poucos amigos: "Yo no estoy contento. No puedo estar contento con este resultado. Hay que trabajar mucho", reflexionaba ante os medios.

O certo é que pouco hai que dicir dun partido no que dende o primeiro momento os de Jose María Gutiérrez, Guti para os amigos, pasaron coma un terremoto por riba do equipo local.  " No diría un partido perfecto, pero si practicamente perfecto en la segunda parte". As actuacións de Darwing, Juan Muñoz e Lazo sentenciaron un encontro no que os andaluces fixeron méritos para levarse unha matrícula de honra do colexio galego. 

De novo erros, imprecisións, pouca presencia en área contraria, perdas inexplicables no centro do campo... todo polo que xa a afección albivermella levou as máns á cabeza no seu día, de novo, presentes ás beiras do Río Miño. Encaixar no minuto 10, na casa, non axuda, pero o equipo amosouse derrotado dende o primeiro tanto en contra. "Hasta el segundo gol creo que estábamos enteros, pero ellos han sido más efectivos", reflexionaba Torres. 

O  técnico local autoincúlpase da derrota, ainda que o vestiario recoñece os seus erros. "Os que saimos ó campo e os que fallamos somos nós. Non hai un único culpable", dicía Seoane en zona mixta, e añadía que agora "toca apretar o cú".

A década se abre para o CD Lugo en postos de descenso. Terceiro pola cola e con moitas tarefas por resolver. O parón da Copa pode "vir ben", para centrarse no Rayo Vallecano e sacurdir do corpo as malas sensacións deixadas ante a unha grada albivermella desolada, que abandonaba no terceiro tanto o estadio amurallado.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Escoita as declaracións de Curro Torres tralo #LugoAlmería

00:00:0000:06
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Escoita as declaracións de José María Gutiérrez tralo #LugoAlmería

00:00:0000:06
Descargar

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir