Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 21 de Enero de 2020

Otras localidades

Manuel Buide, a ilusión dun pai albivermello

O ex xogador lucense confía en que o equipo "resistirá" en Segunda, pero pide apoio a todos os estamentos

Cartel da campaña de abonados segunda volta do CD Lugo /

#Resistiremos. Baixo este lema, o CD Lugo busca enganchar ós lucenses ó equipo albivermello na segunda volta da #LigaSmartBank. O primiero resultado do ano ante a UD Almería (0-4), e comezala década en descenso, non axuda, pero ás veces unha imaxe pode cambialo todo.

Acompañando ó hastag albivermello: A realidade. A entidade avogou por acompañar ó slogan pola imaxe capturada no momento no que un recollepelotas celebraba o gol-Lazo ante o Deportivo da Coruña. Un tanto fundamental para lograla permanencia a pasada tempada. Pero a intrahistoria non queda aí. Se non que o protagonista da foto, coa boca aberta, berrando e levantando os brazos, é o fillo do ex lateral dereito Manuel Buide. "Coma calquera pai, ver ó seu fillo coma icona dunha campaña tan bonita... pois non podo sentir outra cousa que non sexa orgullo e alegría". 

O certo é que os tantos do equipo lucense, moi seguramente, se festexen do memso xeito que o fixo seu fillo porque queda por diante unha segunda volta "moi dura". "A verdade é que a situación do equipo coa derrota da xornada pasada levounos aos postos perigosos e non vai quedar outra que traballar moito e , sobretodo, apoiar dende todos os estamentos ó Lugo".

Di que el vai "contracorrente", pero é ben consciente de que a realidade do CD Lugo é a que é. "Sinceramente, sufrir é o que lle toca a este equipo. A Segunda División cada ano está máis complicada e igualada. Cada ano me costa máis facer o xogo de que catro quedarán por debaixo", bromea.

Ó 2020 pídelle, como non, acadala permanencia, pero tamén pon tarefas ó plantel. "Tras ver os últimos partidos, creo que hai que armarse coma equipo no plano defensivo. Non so implicanod a retagardia s enon implicando a todo o equipo. Porque son os cimentos para poder salvarnos.

Escoita a entrevista completa neste podcast.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?