Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 23 de Febrero de 2020

Otras localidades

CB breogan

Os números do CB Breogán: a exame

Diego Epifanio repasa as estatísticas da primeira volta, onde se evidencia a falta de solidez defensiva, e asegura que "no habrá un 5"

Os números non minten. A matemática é pura, asi que en baloncesto é difícil escaquearse. O CB Breogán finaliza quinto a primeira volta da competición co mal sabor de boca de teren perdido o derradeiro partido na casa por un ante o Almansa. Un encontro no que voltaron a aparecer as pantasmas do pasado, onde os erros defensivos pasaron factura e, de novo, a afección roga encaricidamente a incorporación un cinco. Pero... Correspóndense as sensacións cos números?

Estatística simple

Os de Epi son os primeiros da LEB Oro en:

  • Tiro de tres anotados (183)
  • Porcentaxe tiros de tres (40%)
  • Tiros de campos anotados (529)
  • Tiros de campo intentados (1.116)

A medalla de prata lévana en:

  • Porcentaxe de tiro de campo (47,4%)
  • Puntuación por partido (82,3)
  • Asistencias por partido (17,4)

Porén non todo nesta vida é de cor de rosa. A defensa do CB Breogán foi unha das feblezas que lastrou e penalizou durante, practicamente, toda a primiera volta os resultados do equipo.

O plantel celeste ocupa a décimo cuarta posición no rebote defensivo (23,5) , a décimo terceira no rebote ofensivo (9,2) e tan só visitou 222 veces a liña de tiros libres.

Para Diego Epifanio estes datos precisan " de explicación, porque por si solos pueden mal interpretarse". Para el, estas cifras falan de que a idea de xogo colectivo está sendo boa e que hai que seguir apretando en defensa.

Sobre o rebote puntualiza: "En el rebote ofensivo, es verdad que no somos muy buenos, pero tampoco fallamos mucho. Cuando relaciones el rebote ofensivo, decimo tercero, y, el acierto, que es el primero, ves que relamente en tus ataques tienes menos opciones de rebote ofensivo porque tu equipo mete más puntos".

Ademais, non quere deixar pasar desapercibida a cifra segundo a cal o CB Breogán non pisou máis de 222 veces a liña de tiros libres: "Es cierto que parte de resposabilidad la tenemos nosotros, pero son los árbitros quienes nos llevan a ella", puntualiza.

Estatísticas avanzadas

O mundo das estatísticas avanzada é moi complexo. A basa de logaritmos e fórmulas sácanse resultados que reflicten moi ben a realidade dos partidos. Para Epi estas taméns precisan de explicacións para asi entender mellor o que queren dicir.

De entre a chea de números e cifras que nos proporcionan o estudo destas fórmulas, hai unha que chama especiamente a atención: O ritmo de partido. O equipo celeste sitúase na décima posición da táboa, pero deixando entrever una ecuación moi chamativa.

Dentro deste primeira volta da competición, o CB Breogán firmou unha primeira metade frouxa na que sumou 4 vitorias e 4 derrotas o seu casilleiro, mentras que na segunda os números revertíronse en 7 triunfos e 2 caídas. Porén, o ritmo de partido baixou no periodo de competicón más fructuoso para os breoganistas. Logo, a menor ritmo, maior posibilidade de vitorias?

Epi teno claro: "Hay que valorar más cosas. Por ejemplo, en nuestros primeros partidos perdíamos más balones y perdíamos más rebotes, en los últimos hemos mejorado en otras estadísticas y hemos sabido adaptarnos al ritmo de partidos que nos interesaba".

Estatísticas individuais

A derradeira parte do examen pasa polas valoracións persoais dos xogadores que compoñen o equipo celeste. De entre os diferentes Top 10 da Liga, só aparecen tres dos breoganistas. Cristian Díaz, ocupa a séptima posición en canto a asistencias por partido, Olah, a cuarta en tapóns e Ahonen a sexta en porcentaxe de triplas.

Pola contra, en baremos tan desexados coma maior anotación, non aparece un nome do conxunto lucense ata a 37ª posición. Este dato non preocupa ó adestrador posto que el avoga polo xogo coral. "Intentamos que todos sumen y participen, si te fijas no hay nuchos jugadores que destaquen en el minutaje porque creemos en las rotaciones, creemos en la capacidad de solventar situaciones... no queremos que nadie se descuelgue del equipo y por eso no hay destacados"

Ante estas cifras a necesidade dun 5 segue a carecer de importancia para o coah. "No hace falta un 5. No se en que charco me voy a meter, pero no hay que focalizar los problemas en un puesto si no que como bloque hay que solventarlos", reflexiona.

Ojea el vídeo en el que Sara Meijide repasa las estadísitcas del CB Breogán junto con Diego Epifanio porque todavía hay más números que analizar !

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?