Chano Calvo explica os motivos do cambio no baquillo do Bergantiños
A decisión foi "difícil" e está a xerar bastante polémica no vestiario e incluso na directiva.
Universo Calvo (15/01/2020)
08:17
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1579107516_154071/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Tras uns meses moi duros, por fin chegou a primeira victoria como local do Bergantiños de Borja Facal. Foi ademais contra un dos equipos dos postos altos desta Terceira como é o Choco. Pero, os tres puntos non lle serviron ao ex xogador para recuperar unha confianza que semella que xa tiña perdida por parte da directiva.
Así o demostra o relevo que lle deron no banquiño carballés nada mais rematar o encontro. O sustituto, José Luis Lemos, que fora tentado cando se decidiu prescindir de Miguel Figueira, xa sabía que collería os mandos do equipo antes do partido.
A decisión, que asume como “difícil” Chano Calvo, está a xerar bastante polémica no vestiario e incluso na directiva, xa que pensaban que a dinámica se estaba a mellorar con Facal. Ademais o laxense era un home da casa.
Por iso, para coñecer os motivos da súa destitución e da elección de Lemos, no Universo Calvo desta semana falamos co presidente, con Luciano Calvo.