... tiven unha rúa co meu nome
A Coruña
Arsenio Iglesias xa é fillo adoptivo da Coruña. O raposo de Arteixo, que ademáis de facer o case imposible co Dépor demostrou un saber estar e un aplicar o sentido común digno de envexa. A cousa non queda aí, senon que ademáis, A cidade deportiva da Torre e unha rúa contarán co nome do exadestrador branquiazul.
Así que, poñéndome a pensar, que máis lugares poderían ter o nome dun coruñés ou coruñesa ilustre?
Por exemplo, a Torre Hercón podería pasar a chamarse Torre Fernando Romay, porque case é tan alta a Torre como el.
A un centro de saúde podería poñérselle Centro de Saúde Manuel Torreiglesias, e ao saír igual moi curado non volves pero danche un tensiómetro e un exemplar de Saber Vivir.
A Escola de música podería ter o nome dun persoeiro musical ilustre. Xoel López? Eu pensaba máis ben en Cañita Brava. que así se podería impulsar un instrumento pouco recoñecido como son as castañolas.
Marta Sánchez (coruñesa de adopción) non a poño con cousas de música porque teño un lugar mellor para ela en mente: o Rompeolas Marta Sánchez. Que como ten as bandeiras e ultimamente anda con recitais de himnos pois quedaría suberbonita a inauguración. Que, por certo, hai tres bandeiras, a española, a galega e... alguén sabe que é a outra? Parece o antes e o despois dun anuncio de Micolor.
E así máis rápidos que se me ocorren. Para Gayoso, un call center (por aquilo das chamadas do Luar), Un museo de arte para el Hematocrítico, Unha biblioteca para Manolo Rivas; para Luís Piedrahita a escola de maxia de Hogwarts (se abre delagación na Coruña); E para Amancio Ortega, a Praza de Lugo. Ah, non, espera, se xa case a ten...