Sábado, 31 de Octubre de 2020

Otras localidades

Fitur

A Costa da Morte mostrará en Fitur 2020 as catro formas de vivila intensamente

Praia

Praia / CMAT

O xeodestino Costa da Morte leva este ano a Fitur unha completa presentación das súas mellores características para atraer a turistas de todo o mundo. Este ano a Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT) presenta catro ítems que representan fielmente a riqueza da bisbarra.

Estes valores da marca están contemplados no Plan de Acción de Turismo Costa da Morte 2019-2021 e abarcan “o carácter mariñeiro” que representa a influencia da costa na nosa terra a través dos oficios do mar, a gastronomía e artesanía, pero tamén o amplo abano de actividades deportivas e de turismo mariñeiro.

Outro punto é “naturalmente salvaxe” que busca transmitir a paisaxe agreste, os cantís, as praias e as espectaculares rutas que conforman unha xeografía única e difícil de atopar noutro lugar do mundo. A terceira maneira de vivir Costa da morte é a través da súa “maxia e espiritualidade” personificadas no misticismo das lendas, romaría e festividades relixiosas e pagás e no propio Camiño de Santiago. Por último, está a “tradición profunda” que trata de pór en valor o folclore da zona, a tradición vencellada ao patrimonio, as feiras, mercados...

Ademais, a CMAT acaba de estrear a Guía turística da Costa da Morte e que está dispoñíbel para a súa descarga de balde na súa web

Pola súa banda, a Deputación da Coruña promocionará os proxectos claves para o futuro do sector turístico da provincia, entre os que están o Gran Fondo do Ézaro ou a candidatura da Costa da Morte a Reserva Mundial de Surf.

Na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se desenvolve en Madrid desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro de 2020 se presentarán a etapa 16 da Vuelta a España que transcorrerá desde Muros ao Ézaro e unha nova edición do Gran Fondo.

"O Gran Fondo Ézaro, a candidatura da Costa da Morte a Reserva Mundial de Surf e o proxecto de Xeoparque de Ortegal son tres dos eixos da actuación da Deputación da Coruña nesta nova edición de Fitur mais o programa vai moito máis alá xa que, como en anos anteriores, tentaremos aproveitar o encontro para establecer novas sinerxías, colaboracións e impulsar o sector man a man cos concellos", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?