Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 23 de Febrero de 2020

Otras localidades

XADREZ

O medalleiro final provincial 2020 para Xadrez Ourense e Benchoshey-Pereiro de Aguiar

O Club Xadrez Ourense e Benchoshey-Pereiro de Aguiar conseguen todos os podios provinciais

Club Xadrez Ourense e Benchosey- Pereiro de Aguiar acaparan o medalleiro Provincial Individual 2020

Club Xadrez Ourense e Benchosey- Pereiro de Aguiar acaparan o medalleiro Provincial Individual 2020 / Alfil y Caballo

Os días 18 e 19 de xaneiro, simultáneamente no Centro Cívico de A Cuña e nos locais do Club Xadrez Ourense, disputáronse os campionatos provincias individuais das 6 categorías que van desde Sub-8 a Sub-18, que unidas á categoría absoluta que se disputou os pasados 11 e 12 de xaneiro nos locais de La Troya, sumaron un excelente total de 172 participantes entre todas as categorías, aspirantes todos eles a ocupar praza nos vindeiros campionatos autonómicos individuais que terán lugar nas datas de Entroido (Sub-18 e Sub-14) e en visperas da Semana Santa, (o resto de categorías).

Nesta edición de 2020, e como ven sendo tradición nas últimas tempadas, dúas entidades, o Club Deportivo Xadrez Ourense e o Club Benchoshey- Pereiro de Aguiar foron os principais acaparadores dos podios provinciais 2020 cos seus axedrecistas, con 9 e 8 medallistas respectivamente, sumando entre ambas entidades 17 dos 23 premios totais en litixio.

Gran parte dos clubs da provincia estiveron representados nesta cita provincial individual 2020, xa que ademais das dúas entidades mencionadas, tamén houbo ampla presenza de clubes como Universitario de Ourense, Liceo Recreativo, Xadrez Verín, Carlos Casares de Xinzo, Ateneo Club e Club Xadrez Celanova. Sendo a entidade máis participativa Club Deportivo Xadrez Ourense, con 88 deportistas participantes, entre todas as categorías.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?