Ocio
Videoxogos

Es quen de desenvolver un videoxogo en 48 horas?

A Global Game Jam, o maior evento presencial a nivel mundial para amantes e desenvolvedores de videoxogos, terá acento galego por primeira vez nos seus 10 anos de historia. HobbyPont celebrarase en Pontevedra do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro. Apúntaste?

Entrevista a Evelio Sánchez, organizador do HobbyPont

Entrevista a Evelio Sánchez, organizador do HobbyPont

06:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1579796628_256002/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pontevedra

Es quen de desenvolver un videoxogo en 48 horas?. O reto que poñen enriba da mesa desde a organización do HobbyPont é, cando menos, ambicioso. Este evento presencial, que a nivel mundial se ven celebrando desde hai dez anos baixo o nome Global Game Jam, no que participan en cada edición ao redor de 400.000 persoas, contará nesta ocasión coa participación dun grupo galego.

O HobbyPont celebrarase en Pontevedra, na Casa Azul, do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro. Está aberto a aquelas persoas ás que lles interese o mundo dos videoxogos, de xeito profesional ou lúdico. Ilustradores, modeladores 3D, deseñadores visuais, compositores e programadores terán como obxectivo en equipo desenvolver un videoxogo en 48 horas.

Evelio Sánchez, un dos organizadores deste evento, destaca a importancia dun sector, o dos videoxogos, que "supón un movemento económico superior ao das industrias do cine e da música xuntas".

O prazo para inscribirse no HobbyPont remata o mesmo día do inicio do evento. Para facelo basta con visitar o web: ggj.hobbypont.com. Desde a organización recomendan que cada participante se presente co seu ordenador e ferramentas de traballo que adoita utilizar para ilustrar, modelar deseñar, etc.

Como é evidente, 48 horas non son suficientes para elaborar por completo un videoxogo, e moito menos se pensamos, por exemplo, en desenrolar unha plataforma como Fortnite. O Obxectivo é sacar adiante un prototipo, ou 'demo' do xogo en cuestión, sempre partindo da base e temática común para todos os grupos que participan a nivel mundial na Global Game Jam, e que se da a coñecer no momento de iniciar o evento.

Se o grupo de Pontevedra é capaz de elaborar o prototipo do videoxogo, a segunda parte positiva do evento é a posibilidade de levar á realidade o proxecto completo. Sempre e cando exista unha aposta económica para poder desenrolalo.

Que a industria dos videoxogos é un nicho de emprego e de oportunidades con futuro non é unha novidade, pero a organización deste tipo de eventos na nosa contorna propicia, máis se cabe, que mozas e mozos se decanten por esta saída profesional.

Recreación 3D da Ponte do Burgo de Pontevedra na época medieval / Rafa Tenorio, SPA-cc

Un exemplo do traballo de Evelio Sánchez é a participación no videoxogo que recrea a Pontevedra da época medieval. Estará a disposición dos usuarios en pouco tempo e funcionará como Google Maps, obrigando ao xogador a moverse pola cidade, visitando determinados puntos de interés de Pontevedra. Un roteiro de unha media hora de duración que partirá da Ponte dol Burgo recreada como se ve na imaxe.

A primeira edición do Global Game Jam foi en 2009. En aquela ocasión contou coa participación de 1.600 persoas de 23 países. Na última edición, en 2019, xuntáronse ao redor do mundo máis de 400.000 participantes en 800 sedes de 100 países. No 2020, Pontevedra representará por primeira vez a Galicia co HobbyPont... Apúntaste?

Evento HobbyPont / Cadena Ser

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00