Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Costa da Morte preséntase en Fitur como un xeodestino natural, patrimonial e máxico

Ciclista na edición 2019 / Gran Fondo Ézaro

Ciclista na edición 2019

A Costa da Morte presentou onte a súa proposta como xeodestino no que os turistas de todo o mundo poden atopar espazos naturais únicos, unha riqueza patrimonial que ten séculos de historia e un mundo máxico cheo de lendas, tradicións milenarias e costumes que só esta bisbarra posee.

Ata a céntrica praza de Callao na Gran Vía madrileña chegou a presentación da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. Ademais, esta edición da Mostra ten como protagonista por primeira vez a un home como imaxe do encaixe de Camariñas e que tamén é da bisbarra, Damián Álvarez. A través desta aposta, a Mostra continúa afianzándose como unha das citas das pasarelas de moda en España durante a Semana Santa.

Outra das citas imprescindibles para coñecer a Costa da Morte é a singular Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha cita que se celebrará o primeiro sábado de xullo e que busca converterse en Festa de Interés Turístico Nacional.

E non se pode falar de Costa da Morte sen destacar a natureza que rodea este territorio. Neste punto o Concello de Cee presentouse en FITUR como a “fiestra ao mar no camiño de Fisterra” e como un destino no que a fotografía paisaxística que conforman os castelos do Príncipe e do Cardenal co pequeno faro de Cee no fondo do cabo Fisterra, deslumbrada polo monte Pindo e cos illotes Carrumerios e as illas Lobeiras no centro brindan aos visitantes unha experiencia única.

No verán temos unha nova cita co deporte en Dumbría xa que a contrareloxo de La Vuelta pasará por este concello. Esta é unha das apostas do Concello de Dumbría que quere que o convertir o ciclismo no motor turístico desta rexión. Ademais, presentouse unha nova edición do Gran Fondo do Ézaro e a través do territorio Vákner faremos unha viaxe de lenda pola Costa da Morte.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir