Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Economia y negocios | Actualidad
Eu nunca...

... pilotei un dron

A Coruña

Ola Mayte, o Instituto Tecnolóxico de Galicia vén de presentar Airus, unha ferramenta para controlar o tráfico de drons. Según o cálculo do instituto, nuns 10 ou 15 anos verase o ceo da Coruña cheo de drons. Que imaxinade, se xa temos problemas ca dobre fila, o que teremos ca dobre fila en vertical. Espero que o fagan ben isto e non sen dron nin son.

Non sei vós pero eu nunca pilotei un dron. Que para que serve un dron ademáis de para case cortarlle os dedos a Enrique Iglesias? Pois pódense usar de apoio en incendios, en catástrofes naturais, para arqueoloxía, de router (si, de router, para zonas nas que non chega internet fórmase unha rede de drons para dar cobertura).

E tamén para envío de mercancías, que de momento só está operativo en países como Rusia ou Israel, donde xa se reparte pizza con drons. Cousa de ter o dron da oporunidade. Aquí de momento, entre a lexislación e o que xa nos custa abrille a un carteiro comercial pois imaxina a un dron; creo que aínda tardará en chegar.

Hai drons autónomos, que cunhas coordenadas fan a ruta eles sos pero tamén temos os pilotables por seres humanos. Que se extrapolamos aos conductores de coches pois teremos xente responsable pilotándoos e logo a outros temerarios, aos que se lles coñecerá como "julandróns".

En fin, que sen drons ou con drons o importante nesta vida é que non nos olvidemos das persoas, de socializar; en definitiva, de ter dron de xentes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00