Deportes
CD Lugo

Fernando Seoane: "Quen veña que sexa para sumar, por pasar o tempo non"

O albivermello pide compromisoe capacidade de sufrimento a todas as posibles novas incorporacións

Lugo

Curtido e adoitado a "dar a cara" en malos momentos. Fernando Seoane recoñece que a principio de tempada semellaba que nesta as "cousas serían diferentes", depois de ter sufrido tanto para salvar a anterior. Pero xa dende o arrinque desta Liga Smart Banck, as cousas non pintron ben.  "Primeiro empezamos nunha dinámina regular, destas que gañan un e perdes outro"

O motivo? acumulación de partidos nos que perdeches a oportunidade, que non houbo boa sorte... "e o final a bola faise máis grande e chegas a este intre. Agora hai que saber afrontalo da mellor maneira". Nun plantel tan novo coma o do CD Lugo non se saca o "látigo, hai que poñer boa cara e animalos".

A unión e o compromiso do plantel é fundamental para poder sacar a situación cara a diante. "Estamos tendo mellores sensacións que resultados, confiamos no que nos propón o mister, Curro Torres, pero sabemos que precisamos triunfos porque ata poder acadar os 50 puntos...  todavía queda moito. Estamos en déficit".

Ainda lle queda moita guerra que dar, Seoane non pensa todavía en retirarse."Cada vez queda menos, pero mentras que o corpo responda hai que tirar ata o final". Desa implicación  piden moitos afeccionados que aprendan as novas incoporacións. O vestiario albivermello ten que apurar nos últimos días de mercado os seus movementos se queren apuntalar o palntel. Pero Fernando teno claro: "Quen veña ten que ser para sumar, para pasar o rato xa somos bastantes".

Polo de agora so houbo dous movementos na entidade albivermella. A chegada de Vasyl Kravest e a saída de Tete Morente.

Escoita a entrevista completa que o segundo capitán do CD Lugo ofreceu ós micrófonos do SER Deportivos.

Fernando Seoane: "Quen veña que sexa para sumar non para pasar o rato"

06:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1580393126_360757/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00