Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 29 de Febrero de 2020

Otras localidades

Rugby

Noé López: "Queremos dar a sorpresa no treito final da liga"

O capitán do Muralla Rugby está "contento, pero insatisfeito" polos resultados do equipo esta tempada

Noé López posa coa boina de xogador destacado

Noé López posa coa boina de xogador destacado / FB MURALLA RUGBY

Un incansable dentro e fora do terreo de xogo, así o definen ó seu capitán os compañeiros do Muralla Rubgy. Noé Lópezé o capitán do equipo e este ano por mor dos cambios na directiva tamén lle tocou "botar unha man" nos despachos. "Aínda non sei se teño o doble cargo porque me queren ou por enmarronarme", bromea o capitán.

Dende toda  vida milita nas filas do Muralla e, malia que co paso to tempo as cousas melloran, lamenta que o rugby todavía viva rodeado de prexuizos. "É moi común que a xente asocia a agresividade co noso deporte e é un erro. O rugby actual non é un deporte de chocar. É un deporte de moita estratexia, de moita tácitica.. nada agresivo", explica.

Mostra delo son os famosos terceiros tempos. Cando o patido chega a súa fin hai que xuntarse. Da igual o resultado. Ambos conxuntos reúnense para celebrar o fin de festa"cunha cervexa ou unha coca-cola". Os terceiros tempos, subliña Noé, demostran que sobre o terreo de xogo non hai contrincantes, se non"compañeiros que visten outras cores", pero a rivalidade queda no verde.

Séptimos na clasificación, un posto que deixa certo sabor "agridoce", para os lucenses. É certo que esta tempada presnetábase coma unah campaña de cambios, "sobretodo polo cambio de directiva e o corpo técnico", houbo novas incorporacións, novos adestradores, baixas importantes... e para adaptarse ós cambios precísase tempo. "A evolución foi moi boa, pero quédanos a espiña cabrada de non ter comezado a adestrar antes . Se o  houbésemos feito, seguramente estariamos algúns postos máis arriba".

Veñen de colleitar unha vitoria importante ante ó Barbanza por 75-0, por iso contan poder seguir dando continuidade a boa xeira de incluso dar a campanada nestas dúas últimas xornadas." O equipo está funcionando e creo que podemos esperanzarnos nestes dou ultimos partidos. Hai que gañalos si ou si e contar coa segunda oportunidade dos play off".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?