Más deportes
Pescados Rubén Burela

Insaciables, incansables e carismáticas: As Jennys do Burela

Lores e Santos coinciden en todo, son as laranxas con máis minutos desputados do conxunto burelista, están no momento máis doce da tempada, de sorte cara ó gol e con fame de máis

Jenny Santos e Jenny Lores nun fotográma da entrevista / Cadena Ser

Lugo

Chamarse Jenny no Pescados Rubén Burela, ten premio. Lores e Santos están a vivir o momento máis "doce" da tempada. Están a xogalo todo: Liga, Copa e amigables coas seleccións de Portugal e España.  Son as laranxas que máis minutos desputaron esta tempada, están de sorte cara ó gol, entre as dúas anotaron vinte tantos no que vai de competición, pero queren máis.

Malia que estar ó máximo nivel resulta "cansado", creen que é unha moi boa sinal e "que as lesións as están a respetar". Non son de lairse moito, porque "non gusta moito ir ó fisioterapeuta".

A portuguesa leva ás súas costas 9 goles e Lores 11, "podían ser máis", pero, como evidencian os números,  está a ser unha gran campaña. Santos leva dende o 2018 militando no conxunto laranxa e non ten dúbidas á hora de recoñecer que esta é "a mellor tempada de todas". Xa adaptada non se arrepinte, en absoluto, de ter escollido Burela coma destino. "Cando vin para aquí eu non coñecía Burela, viña dunha mala etapa en Italia, e agora son feliz. Estou nun dos mellores equipos de España de fútbol sala", reflexiona a portuguesa. 

Pola súa banda, Jenny Lores estreábase na campaña 2019-2020 coa camisola do Pescados Rubén Burela e, pese a ser unha traballadora nata, non contaba en absoluto con estes resultados. "Eu sabía que viña a un clube de moito nivel, sabendo que o traballo de adaptación sería complicado porque levan moito tempo xuntas, pero acolléronme moi ben, cos brazos abertos, que sempre axuda".

As mariñáns continúan segundas na táboa clasificatoria, a cinco puntos do Futsi, o seu rival directo por execlencia. Malia que o míster sempre insiste en ir pensando xornada a xornada, ás veces "é imposible" non ollar cara arriba. "A chave está en facer unha segunda volta brillante, sen perder e agardando a que elas pinchen", confesa Lores.

O sábado as de Julio Delgado aparcarán a Liga para desputar os cuartos da Copa ante o Leganés. Visitaran a súa cancha duas xornadas consecutivas xa que, cousas do destino, é tamén o seu vindeiro rival en Liga. "Son dous desplazamentos... a ver como os levamos", reflexiona Santos. Aínda que sen dúbida non serán un problema se "Lucía colle o micrófono e comeza co karaoke", bromean.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00