Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 29 de Febrero de 2020

Otras localidades

#OCDLugoSomosTodos

#OCDLugoSomosTodos, o movemento que axita as gorxas albivermellas

Os ex-xogadores, MIguel García e Manuel Buide, reflexionan sobre a necesidade de unir forzas ante o abismo do descenso

Miguel García na entrevista en Radio Lugo

Miguel García na entrevista en Radio Lugo / RADIO LUGO

Todos para unha e unha para todos. A afección albivermella levanta a voz e pide auxilio e unión. Mudando as espadas polos chíos de Twitter, os afeccionados do CD Lugo ven o abismo da Segunda B máis preto ca nunca e únense en busca de camiñar, da man, polo mesmo sendeiro.

Todo comezaba cun artigo asinado polo ex-xogador Miguel García. Retirado xa do verde facíase unha pregunta: "Se puede vivir sin tener a un equipo en Segunda?" Si. El mesmo o afirma. Claro que se pode, pero non vale laiarse polo que puido ser e non foi. "Pontevedra, Santiago o Ourense viven sin Segunda División, pero nos miran envidiosos", apunta.

E máis que coñecido o refrán que di que non se sabe o que se ten ata que se perde, e García quere remover conciencias antes de que iso ocurra."Hay cosas mucho más importantes en la vida que el fútbol, pero este deporte tiene algo que no se puede explicar. Yo me pregunté a mi mismo que podía hacer yo por reactivar esta situación tan compleja, y escribí".

Buide non puido ler "unha soa vez" a peza de García porque "es fantásitico, y además  aparece en el moemento idóneo". Para o ex-xogador este artigo, o #OCDLugsomostodos vai máis aló do que se xoga no campo. "A historia, a hostelería... o CD Lugo é moito máis que resultados".

A solución pasa por acadar puntos e por enganchar unha boa xeira, pero tan importante é o bo xogo, coma os folgos que dende o graderío se envíen ós guerreiros lucenses. O idóneo é ollar ós veciños herculinos: Afección, equipo e adestrador son un."De lo que se trata es que en la medida que podamos aportemos nuestro granito de arena. El Deportivo está saliendo porque caminan de la mano y cuando la gente tira hacia el mismo sitio las posibilidades de moverse aumentan".

Sumar. Todo suma. Suma quen baixe por primiera vez e suma o afeccionado que leva baixando toda a vida.  A ferida aberta trala entrada de Tino Saqués á presidencia da entidade albivermella segue a supurar, pero "hay que proponerse saltar la barrera de un nombre. Tenemos que llamar a la unidad, a bajar juntos al campo... El día que nos demos cuenta de que lo que queda detrás de una persona es la entidad, ahí estaremos acertando", reflexiona Buide.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?