Sábado, 31 de Octubre de 2020

Otras localidades

Carnavales

O entroido xa está aquí!

O entroido está a volta da esquina e Pontevedra acaba de presentar o seu programa

Presentación do cartel do Entroido de Pontevedra

Presentación do cartel do Entroido de Pontevedra / Cadena SER

Co Pregón acargo da Asociación Recreativa de Xeve, que cumpre 25 anos como asociación e leva 22 anos participando no entroido, o vindeiro 21 de febrero arranca un programa cargado de actividades. Florencio Chantero afirmou esta mañá estar moi orgulloso e ilusionado con este pregón que para a Asociación, na que a día de hoxe participan unhas 80 persoas, é un premio. Iso sí, Chanteno non quixo adiantar ningún detalle nin do Pregón nin da vestimenta do loro Ravachol, da que tamén se encarga a Asociación Recreativa de Xeve.

Destaca neste programa o tradicional Desfile de Entroido o sábado 22 de febreiro, que mantén percorrido e horario, así como a Festa Pirata da noite do martes, que coincide coa primeira semifinal do XXIX Concurso de Murgas que rematará ese xoves 27 coa gran final que retransmitiremos en directo aquí, en Radio Pontevedra. Quen se quede sen asento no Pazo da Cultura poderá escoitar todas as Murgas nos audios á carta da nosa Web, ou ben acercándose, o sábado 29, ás rúas do centro histórico de Pontevedra onde as agrupacións interpretarán as súas murgas.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, aportou unha primicia: polo de agora o loro Ravachol está ben de saúde, pero teremos que agardar ao luns 24 de febreiro para saber qué reivindica este ano. Terá que darse presa o Loro para queixarse, xa que o Entroido rematará co seu enterro, o domingo 29 de febreiro.

Destacan tamén o cartel e o programa deste ano, diseñados por Kiko Dasilva e que estará a disposición do público a vindeira semana. Tirando de retranca, e emulando ao artista Maurizio Cattelan coa sua obra subastada por 120.000 euros onde aparecía un plátano pegado a unha parede, o ilustrador pontevedrés amósanos un Ravachol pegado con cinta americana a unha parede.

Dasilva pretende subastar en internet o seu cartaz orixinal para doar a recadación á ciencia, en concreto ao proxecto de investigación do doutor galego José Manuel Castro Tubío, quen logrou un avance importante na loita contra o cancro.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?