Deportes
CD Lugo

2-2, o resultado que "cabrea" a Curro Torres "porque marcamos tres goles"

Nino córtalle o osixeno a un CD Lugo que segue na UCI

Curro Torres en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo

O CD Lugo segue na UCI. O avó da categoría, Nino, foi quen de darlle a volta o partido  en dous minutos. Tras adiantarse no marcador,cos tantos de Yanis e Carrillo, Curro Torres vía como se esfumaban os tres puntos que durante 87 minutos meteu no peto.

As pernas puxéronse a tremer na bancada albivermella no minuto 85 cando tras un pase en profundidade de Iván Sanchez remataba en gol do capitán, en gol de Nino. O Anxo Carro animaba o seu equipo, a falta de cinco minutos para o final, Lugo soñaba con acadar esa tan pelexada victoria, pero só 120 segundos máis lle fixeorn falta a Nino para levar de volta na ambulancia ó CD Lugo. O máximo goleador do Elche - 131 tantos-  picaba de cabeza un centro Juan Cruz para metela na porteria que protexe Ander Cantero.

Non foi sen polémica como remataban os 90 minutos en Lugo. Precisamente Cruz e unha polémica falta de Herrera sobre o xogador de Pacheta. O VAR intercedía e anulaba o tanto do canario  á vez que lle amosaba  o cartón amarelo.

En rolda de prensa as caras eran ben diferentes. Pacheta leva cara a Elche un resultado "justo" y libre de "suerte". "Nadie puede decir que se ha ganado por suerte, suerte ha sido que Nino metiese en dos minutos, pero hemos tenido a lo largo del partido más ocasiones. Hemos estado muy bien".

Pacheta tras el #LugoElche : "Ha sido un resultado justo"

05:43

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1581281960_369179/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pacheta en rolda de prensa / RADIO LUGO

A outra cara da moeda a de Curro Torres. O valenciano volta a cargar contra arbitraxe de como"no están ayudando". Invita a volver a ver a reprtición da xogada e observar como "si hay una falta es del jugador el Elche por desestabilizar a Herrera".

O valenciano remataba "cabreado" o partido sobretodo porque "marcamos tres goles y no dos". Pero iso si, convencido de que "este es el camino"

Torres tras el #LugoElche : "Hemos marcado 3 goles, no 2"

11:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1581282305_314020/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O certo é que nunca chove, nin choverá, a gusto de ninguén. Pero a realidade di que o CD Lugo ten que sumar de tres se quere seguir na División de Prata. Con ou se culpa da arbitraxe, os albivermellos seguen en descenso e cun treito final de Liga ben complicado. 26 puntos no que vai de competición e 24 por sumar se se quere chegar ós hipotéticos 50 da salvación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00