Carrillo: "Tenemos que ser más cabrones"
O dianteiro gozou de tituliaridade no derradeiro encontro e recoñece que "estaba molesto" por non poder facelo antes

José Ángel Carrillo tapa a cara trala remontada do Elche / Alex Gato

Lugo
Ó Lugo lle falta ser "cabrón", ou así o sinte José Ángel Carrillo. O dianteiro albivermello gozaba de titulariedade a pasada xornada ante o Elche e marcaba o segundo gol do partido. Contento, pero non de todo pois quedaron sen "recompensa".
Levaba sen contar practicamente con minutos dende a súa aterraxe en Lugo e recoñece que"estaba molesto". Dende a banqueta puido ver como o equipo foi caendo nos postos de descenso e cre que non hai que premer nunha "tecla" en concreto. Hai que ser máis "cabrones" para amarrar os puntos e entender que os partidos non poden escaparse nos derradeiros minutos.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
José Ángel Carrillo fala do que cree que debe mudalo CDeportivoLugo sobre o verde
"Competir los 95 minutos", dice, e engade que dende a chegada de Curro ó banquiño a imaxe do conxunto está a ser outra. O equipo traballa ben, di, con dedicación e entendendo que a situacion salvarase dende a unión.
Recoñece o dianteiro que vivir en descenso non é prato de bo gusto para ninguén, pero quere recrodar que hai moitos outros equipo na mesma loita. Recorda como vivóiun unha situación moi similar en Córdoba, e subliña que"con este equipo, y esta unión" a salvación vaise acadar.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




