Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 29 de Febrero de 2020

Otras localidades

Radio

Os deportistas de Aspnais festexan o día da Radio

Coma banda sonora dese momento tan especial, coma compañía nas longas noites de insomnio, coma os ollos que están onde non podes ves, coma a voz que te motiva mentres saes correr, coma confidente e amiga. Ahí está a radioSempre con nós. No parking soando pola megafonía, no supermercado, o coche ou no autobus. Hai algún momento do día que non a escoites? Non o creo. Por iso, para agradecerlle a súa fidelidade,  o 13 de febreiro é a protagonista.

O Día Mundial da Radio non pode pasar por alto para ningún mortal, pero menos para quen vivimos por e para ela. Por iso, festexar o seu aniversario en compañía lévase moito mellor. Os deportistas de Aspnais uníronse a festa para amosar todo o cariño que lle teñen as ondas de Radio Lugo, SER.

Miguel, Julio, Carlos e Juan escoitan a radio todos os días. No coche, na televisión e na habitación, "porque podes estar o teu aire". Coma deportistas que son os seus programas preferidos non poden ser outros que os de deporte. "E en Cadena SER mellor", di Miguel.

Son fieis a nós. E nós queremos devolverlle ese cariño que nos dan detrás das ondas sentándoos no estudo da emisora. "Eu non estou anda nervioso, eu vou poñer orden", bromea Julio. Son moi curiosos e para algún deles o máis bonito da radio é poder entrevistar e coñecer xente importante "coma os presidentes".

A Miguel gustaríalle poder sentarse con Salva Arco e a Juan con Tino Saqués. Non será por preguntas. Queren sabelo todo. "Eu teño moitas preguntas. ti cantos anos levas na radio? Como é unha rolda de prensa?", pregunta Miguel.

Todos eles pertencen ó equipo de fútbol do #CDLugoGenuine, saben que a sua responsabilidade é gozar no campo, pero tamén transmitir valores. "Temos que ser bos compañeiros, temos que tratar igual homes e mulleres, aceptar o que di o árbitro e ser compañeiros".

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?