Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

... fun de ver obras

A Coruña

 Ola, Mayte, dentro do grave da situación do coronavirus, hoxe quero quedarme cunha anécdota. Resulta que na rexión de Wuhan, onde se localiza o foco deste virus, Construiuse un hospital con urxencia e as obras de construcción puidéronse seguir en todo o mundo a través dunha webcam. O concepto en si vén sendo unha proposta para xubilados 2.0. A cousa é que eu nunca fun de ver obras, pero a webcam chegou a ter 25 millóns de espectadores seguindo a evolución deste hospital.

25 millóns, nin Operación Triunfo, nin Gran Hermano, nin Master Chef; isto é un formato en toda regla. Propóñolle á TVG, agora que se anunciou que o Chuac vai ter unha ampliación, que lancen un formato cunha webcam nesas obras, que ademáis, como estamos en ano electoral, de seguro que vai ser moi dinámico; xa me entenden.

E é que non estamos rendabilizando a obra pública, cando está claro que hai unha demanda de ver estos eventos, moitas obras poderían cofinanciarse cobrando entrada por velas. Por exemplo, co do viaducto da Ronda de Nelle, de seguro que nalgún dos edificios adxacentes poderíanse alquilar unha habitación con vistas á obra, aínda que sexan para compensar todo o que aturaron estes anos. Ou por exemplo, cando están levantando as dunas en Riazor, pois poñer unha grada supletoria en plan palco VIP. Mellor aínda, tamén poñer entrada para ver como se construiu ese palco VIP. Ai, o capitalismo!

E nada déixolles, porque me chega agora o fontaneiro, se queren seguir como vai a cousa poden facelo, 2 euros desde a cociña, 1 euro desde pasillo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir