Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

... mudei o ton

A Coruña

Ola Mayte, hoxe estou preocupado por unha cousa, polo ton. Si, o ton dentro de toda a súa polisemia. Porque nestes tempos non se está tendo en conta o ton. O ambiente en xeral, e o  dos políticos en particular, está moi crispado, e é preciso moderar o ton.

Porque, xa saben, podemos dicir unha mesma frase, pero mudando a entoación pode querer dicir cousas distintas. Por exemplo "Que mágoa que Villares deixe a política". Pois según se diga haberá quen o diga sinceiramente e haberá que con sorna; agora, non me pregunten en que bancada se lamentaron máis, que non o teño moi claro.

E esta semana houbo outra agresión respecto ao ton, neste caso no sentido musical da palabra. Resulta que nesta edición de Operación Triunfo veu o outro día a rapeira La Mala Rodríguez para darlles unha clase de composición. Para poñernos en contexto rápido, as cancións moitas veces suben o ton, así hacia o último estribillo, para darlle como un impulso de enerxía extra, como que van subindo escalóns. Ás veces de forma esaxerada como fai Beyonce nesta canción, "Love on Top", que o fai unhas cinco veces.

En fin, que estaba La Mala Rodríguez e os alumnos puxéronse a tocar o tema que estaban compoñendo e nun momento subiron de ton a canción e La Mala díxolles que "iso non se pode facer", que se sube ten que volver a baixar (recoméndolles escoitar o audio que teñen sobre estas liñas. Para un músico ouvir iso é como se lle din a un futboleiro que nos penaltis, como son unha falta, hai que poñer barreira; ou como se pides un bocadillo vexetal, e trae atún, pero dinche que é vexetal.

En fin, que se na programación didáctica da asignatura de música aparece que se vai ensinar que non se pode cambiar o ton, xa lle vería sentido a isto do pin parental, para iso si.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00