Domingo, 25 de Octubre de 2020

Otras localidades

O CD Lugo non camiñará só

O Pendello albivermello abre as súas portas dende ás 9 da maña para repartir chocolate e filloas entre os afeccionados

Algúns dos afeccionados na inauguración do Pendello Albivermello

Algúns dos afeccionados na inauguración do Pendello Albivermello / Javier Folgueiras

Unha final, un partido vital, un partido importantísimo... As referencia ó #LugoOviedoó longo desta semana foron múltiples e diversas. O equipo, a afección e a cidade amurallada saben o que está en xogo: Cimentala permanencia.

Non son tempos fáciles para ser afeccionado albivermello. O 2020 está a ser un total quebradeiro de cabeza para o Lugo e os sus seguidores. Durmir en postos de descenso comeza a facerse habitual, cada decisión arbitral en contra pesa coma mil lousas sobre as costas, cada erro sobre o verde é unha vida que se escapa, con  cada balón que se perde  lévanse as máns á cabeza... pero ainda así o CD Lugo non camiñará só.

Anfiel Carro. Ainda que o templo só sexa para "os tres mil de sempre", as gorxas albivermellas non se renden. Por iso, o Pendello abivermello segue en pé. Un grupo de siareiros puxeron en marcha un local de reunión e encontro entre para os afeccionados lucenses. Inugurábase na previa do partido ante o Elche. A piques estuvo de rematar redondo día, pero en dos zarpazos Nino aguou a festa que comezara con sesión vemrú e queimada ó medio día.

O Pendello Albivermello inaugurouse no partido ante o Elche

Ata alí se desprazron deceas de afeccionados ilusionados por gañar ó seu equipo. Malia ós malos momentos que está a vivir o equipo, "os 3.000 de sempre", non perdern a ilusión e piden "remar nunha mesma dirección".

Unha vez espantado o mal de ollo, o Pendello abre as súas portas de novo para o encontro "máis importante da tempada" deste domingo. "Desde as nove da mañá estaremos repartindo chocolate e filloas", anuncia Javier Folgueiras, membro do Pendello.

Na Rúa da Calzada comeza a festa dende ben cedo para quecer motores e levar as cordas vogais a punto. Ssumar o xogador doce ás beiras do Miño é cada xornada mais importante. As entradas visitantes estan esgotadas, o Tartiere quede implantarse no Anxo Carro, pero os afeccionados lucenses téneno claro: "Medo? Ningún. Somos pouco, pero somos os mellores".

Ó César o que é do César, e Folgueiras recoñece a acertada decisión de elimiar o Día do Clube. A comezos de tempada, a entidade albivermella  marcou coma días do clube os econtros ante o RC Deportivoa da Coruña e a visita dos asturianos á casa. Nun partido onde o obexitvo para ambos conxuntos é o memos: Loitar pola salvación, o clube deu só pide "apoio"ós seus seguidores. "Por fin parece que remamos nunha mesma dirección".

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?