Sociedad
CD Lugo

El Hacen ben vale seis puntos e unha festa

O CD Lugo suma a súa segunta vitoria consecutiva ante o Real Oviedo e sitúase a un punto da salvación

O CD Lugo festexa a vitoria / CD LUGO

Lugo

Duelo vital, a vida ou morte, no Anxo Carro ante o Real Oviedo.  Sobre todo polos resultados previos dos rivais, e polo que había ne xogo. Así se prantexaba o partido desta xornada que finalmente soubo a gloria para as gorxas albivermellas grazas o tanto de El Hacen.

Baixo o sol de mediodía, e tralos folgos das tropas castrexas e romanas, ambos conxuntos amosaban a importancia da cita cuns primeiros minutos nos que ningun buscou as coxegas do rival. Sin ocasións, como en Fuenlabrada, de novo El Hacen foi quen de estrear o marcador para os de Curro Torres. Esta vez foi moito máis cedo, no minuto 15, cando tamen coa testa sumaba a súa segunda diana como albivermello. O do mauritano si que está a ser chegar e bicar o santo.

Cos carbayóns obrigados a unha maior exposición o Lugo atopaba máis espazos, sobre todo polo carril dun moi activo Vasyl Kravets. Pero as carreiras do ucraíno tampouco se traduciron en ramates dos seus compañeiros a meta do seu compatriota Lunin.

Máis balón para os de Ziganda no treito final do primeiro acto pero sin cabeiro de abondo como para fincarlle o dente aos locais.

A xornada semellaba tan festiva que o participante do xogo do descanso levaba o coche para folia da bancada.

Toda celebración ten tamén os seus momentos de suspense para que logo o éxito teña mellor sabor. E a parroquia do Anxo Carro viviunos no primeiro cuarto de hora do segundo parcial. Ziganda trocaba a Coris por Sangalli e o oito dos azuis tornábase nun dor de cabeza para a defensa lucense. O primeiro centro do donostiarra tiña premio en forma de gol de Rodri Rios, pero Varón Aceitón anulaba o tanto por fora de xogo.

Os visitantes elixiron a banda dereita como lanzadeira cara o gol, pero atopáronse coa fiabilidade de Cantero. Co paso dos minutos o vigor visitante foise apagando e o aguante local sobrepoñíase grazas a incruustación de Pita na defense. Un tanto de Barrero, anulado polo VAR, entolecía ó graderío que, finalmente, puido festexar o entredoido a un punto da salvación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00