Radio Pontevedra retransmite a final do XXIX Concurso de Murgas
A partir das 20:50 horas, a través do 92.7 da FM e tamén na App e na Web de Radio Pontevedra, poderán seguir en directo a final do Concurso de Murgas 2020
Pontevedra
Como ven sendo habitual, Radio Pontevedra ofreceralles en directo a gran final do XXIX Concurso de Murgas. A partir das 20:50 horas, a través do 92.7 da FM, da Web: www.radiopontevedra.com e da App da Cadena SER, poderámn escoitar sen interrupcións as actuacións das cinco murgas finalistas.
Aquí podes voltar a escitar as 13 murgas participantes. Delas, únicamente cinco pasaron á final: Tropa de Moncha a Caralla e Leña verde con 47 puntos cada un, Jana de Leria (48 puntos), Val do Lérez con 49 puntos e Equipo Ja con 51 puntos.
Un repaso polo palmarés:
Os do Val do Lérez son a última Murga gañadora, na edición de 2019. O grupo acadou 79 puntos de 80 posibles rozando a perfección. En segundo posto quedou o Equipo Ja, con 75 puntos, terceira posición para Jana de Leria, con 71 puntos, Tamén participaron na final Os PTV, que remataron cuartos e Os Arrumbados, logrando o quinto posto.
Os do Val do Lérez suman tres victorias consecutivas no Concurso de Murgas de Pontevedra. ¿Acadarán o Póker de victorias?.