Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

... levei mascarilla

A Coruña

Ola Mayte, ai, o do coronavirus estásenos indo das mans. O primeiro, e atendendo o que din os datos e os expertos, hai que tranquilizarse, o Coronavirus ten uns efectos parecidos a unha gripe normal, a única diferencia é que neste novo virus non existe vacuna de momento. Pero ao final, en ambos casos, quen máis a sofre é quen xa ten achaques cardíacos, pulmonares...

Con isto por diante, leo na web de Radio Coruña que esgótanse as mascarillas nas farmacias da Coruña. Imos ver, estase dicindo que a mascarillas so son útiles para a xente con gripe ou outras enfermidades, non para protexerse desa xente. É dicir, o obxectivo é que ao tusir alguen con gripe, non deixe sair esas bacterias, non que unha persoa sá, por levar mascarilla non quere dicir que non vaia poder ser contaxiada. Imos, que se estás san fai o mesmo efecto como se te pos un filtro dunha mascarilla en Instagram.

É como, e que me perdoen a comparación, se a un can san lle pos un bozal, o bozal, polo que teño entendido é para os cans que potencialmente poden morder, non?

Aínda así non se chegou a alcanzar niveis de ridículo como no programa de Ana Rosa que, segundo este titular do xornal 20 Minutos: "Ana Rosa e os seus colaboradores toman a súa temperatura en directo para previr os síntomas do coronavirus". A verdade é que non sei que dicir, se tomar a temperatura fose un método para previr gripes coido que, como os bebés, en vez de vir cun pan baixo o brazo viríamos co termómetro baixo o brazo, e todo día con el dun lado para outro.

En fin, que xa saben, que o útil realmente é a hixiene, lavar ben as mans, a conciencia e todo iso. O normal para o día a día. Iso, que non se me alarmen, e menos mascarilla, que xa pasou o entroido.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00