Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
A Coruña

Os nenos "tutores" crean lazos de protección no colexio San Francisco Javier da Coruña

Os alumnos recibiron os seus diplomas do programa Tutoría Entre Iguales

Niños y niñas tutores del CEIP Francisco Javier, A Coruña

Niños y niñas tutores del CEIP Francisco Javier, A Coruña / Elena López

Niños y niñas tutores del CEIP Francisco Javier, A Coruña

A Coruña

Alumnos de 5º de Infantil do colexio público San Francisco Javier da coruña recibiron hoxe os seus diplomas como titores dos seus compañeiros de terceiro, dentro do programa de Titoría entre iguais, TEI, que leva realizando durante anos no centro. O obxectivo é mellorar as relacións entre os nenos e fomentar entre eles o respecto, a responsabilidade e a igualdade.

Más información

Convértense así en protagonistas da mellora da convivencia da súa contorna, aprenden a xestionar os seus propios problemas e involúcranse na protección dos máis débiles, cambiando a lei do silencio pola denuncia activa da inxustiza. Collen conciencia da importancia do compañeirismo e mesmo do bullying.

"Aprendemos a coidar aos nenos de terceiro. Un monitor é como un amigo que che axuda a resolver os problemas", comenta unha das nenas participantes.

Ata alí desprazouse hoxe a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, onde recibiron un "baño de masas" por parte dos pequenos.

É un programa que desenvolve a tutorización emocional entre iguais. Cada alumno exerce a titoría sobre outro algo menor e acompáñalle, escoita e axuda no que necesite para o seu desenvolvemento escolar. Durante dous cursos, a totalidade do alumnado recibe a información práctica e sensibilízaselle contra a violencia escolar. Trátase de crear redes que configuren un marco protector contra o acoso. Tamén se tenta establecer modelos adecuados de comportamento que sirvan de referente positivo á poboación escolar.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir