Sociedad
CD Lugo

O CD Lugo vai dar moita guerra

Os albivermellos empatan co líder da categoria (1-1) nun partido no que houbo ocasións para saborear a vitoria

Carrillo no partido / Twitter CD Lugo

Lugo

Bocata de xamón, banderines albivermellas e Massimus bailando ó ritmo que marcaba Nabic. Asi agardaba o estadio albivermello polo seus guerreiros. O fondo canataba, quizáis, máis alto que nunca, nesta tempada.

Comezaba o Cádiz amenzando cun disparo raso de Alejo que marchaba pola dreita da porteria de Ander Cantero. Marcaban o ritmo os de Cervera, mentres que os de Torres agardaban que chegasen as oportunidades encerrados na súa área. Ata que chegou o lío.

O tempo se paraba no estadio albivermello cando Cifuentes golpeaba coa cadeira no nariz a Gerard Valentin. O albivermello, que se dirixía en carreira cara á porteria contraría,  topouse co choque inesperado de Cifuentes, que,  por esa acción vía o cartón vermello no minuto 30.

Por se fose pouco o alboroto, o colexiado revisaba a xpgada co VAR, e, con Valentín tapandose a cara e dirixindose ó vestiario, pitaba falta a favor do equipo visitante por unha man do catalán previa ó golpe co gardamallas cadista.

Trala polémica chegou o primeiro golpe. No minuto 36, Lozano, de cabeza, materializaba unha xogada ben traballada polos de Cervera. Os albivermellos non baixaban os brazos, Yanis probaba sorte con dous remates de cabeza que se marchaban polo larguero, Jaume cun disparo raso que se espaba por milímetros...pero creían. Facíano tanto que remataban a primeira parte, chovendo, e co Cádiz preso na súa área.

Retomábase o partido co mesmo guión, pero con capitán Pita dirixindo o barco. O Lugo dominaba, Yanis deixaba escapar a primeira para os locais, o francoarxelino estaba ansioso e iso leváballe a cometer erros desafortundos que Herrera non dudaba en reclamarlle. :”Piensa”, berraba o canario tras errar una nova oportunidade. Sen dúbida o 19 do CD Lugo era quen máis disparaba,pero unha e outra e outra vez, marchaban as ocasións que se podían convertir en puntos. Ata que chegou Carrillo.

No 83 o punta remataba un centro ó área que poñía en pé a todo o Anxo Carro. Os máis de 3.000 afeccionados berraban e aplaudían porque o CD Lugo asinaba os seus mellores minutos do que vai de competición. Animados e empuxados polos seus, os de Torres intentaban remontar un partido que, de non ser por un fóra de xogo de Manu Barreiro, puidera terse materializado a cinco minutos do final.

Coas táboas no marcador, o CD Lugo durme fóra do perigo, pero pode que so por unhas horas. Mais pase o que pase, este equipo ten vida e vai dar guerra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00