Comunicado oficial da Real Federación Galega de Fútbol
Esta decisións estarán suxetas aos cambios que se nos aconsellen en cada momento desde as autoridades sanitarias e deportivas

En canto á competición do fútbol afeccionado e fútbol base en Galicia, a RFGF mantense á espera da decisión das autoridades autonómicas competentes / RFGF

Ourense
A RFGF, seguindo as recomendacións da Real Federación Española de Fútbol a través da circular que enviou ás Federacións Territoriais onde lles traslada que, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19, o Consello Superior de Deportes informou da adopción por para do Goberno de España dun conxunto de medidas preventivas entre as que se atopan a celebración de todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional a porta pechada.
Estas decisións estarán suxetas aos cambios que se nos aconsellen en cada momento desde as autoridades sanitarias e deportivas.
Así, todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e Internacional xogaranse tamén en Galicia a porta pechada ata novo aviso. As categorías que se ven afectadas son as seguintes:
Primera División.
Segunda División.
Segunda División B.
Tercera División.
División de Honra Xuvenil.
Liga Nacional Xuvenil.
Primeira Iberdrola.
Reto Iberdrola.
Primeira Nacional Femenina.
Terceira División de Fútbol Sala.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarFútbol Base:
En canto á competición de fútbol afeccionado e fútbol base de Galicia, a RFGF mantense á espera da decisión das autoridades autonómicas competentes. A RFGF comunicará de forma inmediata a todo o fútbol de Galicia calquera decisión definitiva respecto diso.




