Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

... confundín churros con meninas

A Coruña

Eu nunca confundín churros con meninas. Si, dixen ben, churros e meninas. Eu de pequeno pensei que era así o refrán, e normal, quen vai confundir churros cas meninas?

Pero hai casos nos que a xente confunde cousas ben distintas, por exemplo, estes días hai xente que non distingue vacacións de cuarentena. Que por confusións como esas deuse o primeiro caso de coronavirus en Santiago, que era dunha estudante en Madrid que ao non ter aulas volveu para Santiago uns días.

Tamén as veces custa distinguir a comunicación dunha administración pública coa dun partido político. Pasou co lema do PP de Galicia de cara a estas autonómicas "Galicia é moito", que ten un aire a unha campaña institucional da Xunta, con cartos públicos, con lendas como "O rural é moito". Parécese un pouquechiño, máis que un churro e unha menina canda menos.

Máis casos de confusións tivémolos en redes sociais este 8M, a conta de Twitter do Concello da Coruña contaba nun chío que a alcaldesa Inés Rey estivo na manifestación e poñían varias fotos, entre elas unha na que se veía a faixa do PSOE co lema e con todo; hai que dicir que borraron o tuit e puxeron outro no que correxían iso. Pero queda feo, que a xente non sepa distinguir onde facer as cousas, é como se eu usase os micros da Cadena Ser para falar bondades dun grupo coruñés que se chama Diariodeverano, así todo xunto. Por iso non o vou facer. (Xa en Spotify)

E para finalizar, e volvendo ao da manifa do 8M, hai unha cousa tamén que os homes seguimos sen ter claras, nesa propia cabeceira do grupo do PSOE, das 11 persoas que levaban a faixa, 4 eran homes, entre eles o candidato á Xunta Gonzalo Caballero e o Delegado do Goberno Javier Losada. Está estupendo apoiar o movemento feminista, pero coido que non é o sitio que debemos ocupar, ou caemos no risco de facer un Albert Rivera. Xa saben autoproclamouse lider do movemento feminista tras un 8M e eu creo que tamén se autoproclamou líder do movemento animalista, ou polo menos iso foi o que entendín cando fixo o video ese co can que ulía a leite.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir