O turismo parado e o súper cheo; o Coronavirus chega á Costa da Morte
A Fondo: O Coronavirus na Costa da Morte
09:45
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1584116759_686999/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Pese a ser unha das últimas comunidades ás que chegou, Galicia tamén está xa sumide nesta crise e alarma polo Coronavirus. E o mesmo lle pasa á Costa da Morte, onde a pesar de que non hai ningún caso confirmado polo momento, si que xa se comeza a notar a intranquilidade na veciñanza e a baixada nas reservas turísticas nunha época tan crucial para a nosa bisbarra.
Porque en poboacións rurais e envellecidas como na que vivimos, quizáis pesa aínda máis a cancelación de grandes oportunidades de atracción como a Mostra do Encaixe, do Interplay ou a posible suspensión da Semana Santa de Fisterra (O confirmarán na última semana de marzo). Pero, amosando unha gran responsabilidade, os concellos non teñen outra opción que pechar tódalas actividades e tódolos centros abertos ao público.
Unha medida, que xunto a que tomou a Xunta de pechar os centros educativos, deixa agora aos máis pequenos na casa, mentres que algúns pais vense obrigados a seguir traballando.
Vaise a vivir, entón, unha cuarentena, que en principio durará quince días, que está a facer que moitas familias acudan aos supermercados a intentar deixar a compra feita para o máximo tempo posible. O que provoca que nalgúns mercados se viva situacións de completo caos.
Aínda así, dende as empresas provedoras comunican que seguirán repostando dure o que dure este periodo de alarma. Por iso, é preciso mandar unha mensaxe de tranquilidade a veciñanza.