Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 09 de Abril de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | ÚLTIMA HORA CORONAVIRUS | ÚLTIMA HORA Rueda de prensa de los responsables técnicos y sanitarios del COVID-19

Aparatoso accidente en Poio con dous feridos leves

O suposto responsable do accidente arroxarou na proba practicada uns resultados de 0,97 e 0,88 mg/l de alcol en aire expirado, unha cantidade que supera os parámetros permitidos pola normativa vixente

Estado no que quedou un dos vehículos implicados no accidente

Estado no que quedou un dos vehículos implicados no accidente / Policia Local dde Poio

A Policía Local de Poio abriu unha investigación a un veciño de Pontevedra, de 41 anos de idade, como presunto responsable de dos delitos contra a seguridade viaria, despois de verse implicado nun aparatoso accidente rexistrado na rúa Pedro Soto Couselo, en Campelo, na tarde do día 12 de marzo. Foi sobre as 19.40 horas cando un vehículo se saíu do seu carril, impactando contra outro turismo estacionado e, posteriormente, contra outro automóbil que circulaba polo carril contrario.

 As probas de alcoholemia realizadas ao suposto responsable do accidente arroxaron uns resultados de 0,97 e 0,88 mg/l de alcol en aire expirado, unha cantidade que supera os parámetros permitidos pola normativa vixente. Ademais. Os axentes policiais constataron que o home perdera a vixencia do permiso de condución. Ante estes feitos, o corpo de seguridade municipal realizou as pertinentes tramitacións para que o condutor sexa citado para un xuízo rápido.

O accidente provocou importantes danos materiais e dous feridos de carácter leve. Ambos son veciños de Poio viaxaban no interior do vehículo que circulaba de xeito correcto. No operativo de seguridade establecido colaboraron integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?