Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

O Parador Costa da Morte apraza a súa apertura polo estado de alarma

Parador de Muxía / Parador de Muxía

O parador situado en Muxía non abrirá o 4 de abril tras a prorrogación do estado de alarma que se vén de aprobar no Congreso.

Aínda así, dende a institución comunican que os últimos traballos de acondicionamento están moi avanzados e que o establecemento comezará a funcionar tan pronto como a situación permita concluir unhas pequenas obras.

Unha apertura que tiña levantada unha gran expectación e así o amosaban as reservas (preto de 8.000 habitacións vendidas para este 2020). De esa cifra, haberá que restar agora todas as que non se van a poder desfrutar durante o estado de alarma, aínda que serán rembolsadas aos clientes.

Neste periodo de confinamento, a directiva de paradores decidiu poner tódolos seus centros á disposición das autoridades sanitarias para ser utilizados como centros hospitalarios en caso de necesidade. Algo que, polo momento, non parece que se vaia a precisar na Costa da Morte.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00