Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

... lavei as mans cantando

A Coruña

Ola Mayte, que tal, como vai a cousa? Aquí como sempre, desde casa, queden na casa, quédate en casa, stay at home, regardé a chez (Guevara). Por aquí vaise levando ben porque un xa foi bastante caseiro, de estar na casa, non dos de alugar pisos; así que podo dar algunha pista para facer máis levadeiros estes días, xa que moita xente pois agora ten menos cousas para facer ou ten que mudar os seus hábitos.

A clave está en seguir mantendo rutinas: almorzar a unha mesma hora, ter unhas horas fixas para recoller cousas da casa, comer a unha mesma hora, ter un horario para ver series, películas, darlle a videoxogos... ir a aplaudir ás 20, ás 20.05 maldicir ao veciño que acaba de poñer Paquito el Chocolatero. En fin, ir buscando rutinas para que a cabeza non barrene de máis.

E outra rutina moi importante para a prevención, pero para sempre na vida é a hixiene, así que queren facer esta proba, pillen a radio o móvil e lévena ao baño ou suban o volumen un momentiño. Porque lles vou falar dunha proposta que levamos barrenando Paula Vega mais eu, que se chama cantagel: fragmentiños de cancións para escoitar e cantar mentres lavamos as mans. Clásicos con letras adaptadas, desde Mecano, Rosalía, AC/DC... un pouco de todo. No vídeo sobre estas liñas teñen un exemplo e poden seguir máis na conta de Facebook e de Twitter de Cantagel.

E nada máis, agora vou ca rutina de asomar a cabeza pola ventana a que me dé a rendixa de sol que me chega un pouco antes das dúas á casa, é cousa de rutinas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir