Sábado, 11 de Julio de 2020

Otras localidades

Nova vítima do coronavirus

Un varón de 89 anos faleceu esta mañá no Hospital da Costa da Morte

Hospital da Costa da Morte

Hospital da Costa da Morte / Cedida

O coronavirus cobrouse a terceira vítima na bisbarra. Un varón de 89 anos, que arrastraba patoloxías previas, converteuse no terceiro falecido por mor da pandemia e o segundo que fina no Hospital da Costa da Morte.

Nas últimas horas houbo que lamentar a morte de cinco varóns na área sanitaria da Coruña, territorio no que se engloba a nosa bisbarra. Ademáis do falecido en Cee, dous homes de 77 e 80 anos (con patoloxías previas) e outros dous de 81 e 82 anos (sen enfermidades previas) perderon a vida ao longo da mañá.

Este mediodía coñecemos os datos actualizados da xornada, que reflictían un mínimo descenso dos ingresados por coronavirus na Costa da Morte. O número de doentes en planta no centro sanitario comarcal ascendía a nove, un menos cá os dez que se rexistraban onte.

Nos últimos días, co incremento das probas diagnósticas efectuadas na bisbarra, o número de afectados que precisan tratamento no hospital veñen de aumentar. Así, ao longo da presente semana a cifra estase a estabilizar en torno á decena.

Nin consellería, nin o servizos de prensa do CHUAC matizan se as pequenas variacións que se producen nas cifras obedecen a altas hospitalarias ou a traslados ao centro sanitario coruñés. O que sí está confirmado é que en ningún caso se trata de decesos. Do mesmo xeito, ningún organismo está a ofrecer datos confirmados sobre os positivos existentes na bisbarra. A Consellería de Sanidade confirma 597 positivos na área sanitaria que engloba A Coruña e Cee, sendo a maior parte deles correspondentes á cidade herculina. En total, na nosa área sanitaria rexístranse 203 ingresos, dos que 9 corresponden ao Hospital da Costa da Morte. Na Coruña permanecen 163 doentes en planta e 31 na UCI. A boa nova é o incremento no número de altas, con 19 nas últimas 24 horas.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?