Unha moza de 37 anos, cuarta vítima na bisbarra
Veciña de Carballo, embarazada, finou onte no Materno-Infantil

A muller finou onte na Coruña / EFE

Unha moza de 37 anos é a cuarta vítima do coronavirus na Costa da Morte. Así o deron a coñecer os servizos de prensa do CHUAC logo de falecer no Hospital Materno-Infantil coruñés na tarde de onte.
A muller, veciña de Carballo e en avanzado estado de xestación, trasladouse ao centro sanitario con síntomas de padecer o coronavirus e logo de sentir fortes contraccións. No Hospital decidiron practicarlle unha cesárea, operación que non puido superar. Tanto ela coma o bebé que xestaba pereceron no quirófano.




