Miércoles, 03 de Junio de 2020

Otras localidades

Coronavirus Covid-19

'Isto parámolo entre todos'

O concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, Jorge Pumar, apela a responsabilidade cidadá

O Concello de Ourense apela á colaboración cidadá e dicta unhas instrucións técnicas para a xestión de residuos e limpeza durante o período de estado de alarma provocado pola pandemia do coronavirus COVID19. O documento, elaborado pola Concellería de Medio Ambiente e Limpeza, enumera indicacións concretas para a xestión dos diferentes tipos de residuos, lembra a importancia, neste momento máis ca nunca, de realizar a separación doméstica de residuos para a súa recilaxe, así como de tirar o lixo en bolsas pechadas e usar os contedores axeitados. As instrucións explican como xestionar os residuos domésticos procedentes de fogares con persoas illadas ou en corentena (usando 3 bolsas pechadas para xestionar os residuos), ao tempo que lembra que nin estes resiudos nin os equipos de protección se poden botar a contedores de recollida selectiva, senón ao de restos, e nunca abandoalos na contorna. O documento tamén realiza recomendacións específicas para as persoas con animais de compañía

“Todos os esforzos de cada día deben centrarse na sáude de todos”, asegura o tenente de alcalde e concelleiro de Limpeza, Jorge Pumar, quen explica que “por ese motivo emitimos esta instrución, coa fin de informar das medidas sanitarias que esta nova situación nos obrigan”. Neste senso, incide Pumar Tesouro: “Isto parámolo entre todos, sendo cívicos, responsables e respectuosos cos demais, cumprindo as normas establecidas”.

Residuos domésticos procedentes de fogares con persoas illadas / en corentena polo CIVID-19.Colocar un cubo de lixo na habitación ou espazo de confinamento, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, cunha bolsa dentro para recoller residuos (bolsa 1) e o material desbotable. Pechala moi ben e introducila nunha segunda bolsa (bolsa 2) á saída da habitación, xunto coas luvas e con outro material usado polos coidadores. Pechala moi ben e despositala co resto de residuos domésticos (bolsa 3), no contenedor de restos. Está terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollida separada ou abandoala na contorna.

Nos fogares sen positivos ou corentena, a separación seguirá como se vén facendo habitualmente. Para reducir ao máximo a fracción resto, o Concello solicita a colaboración cidadá dada a importanica de optimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases...) e depositar nos seus contedores unicamente os residuos axeitados.

Xestión de equipos de protección (luvas, mascarillas, etc.) Non son reciclables e non deben depositarse no contedor amarelo, senón nos contedores resto ou papeleiras máis próximas. E nunca deben tirarse ao chan, xa que poden ser foco de contaminación para as persoas.

O servizo de recollida de residuos e limpeza de rúas mantén as súas prestacións como antes da situación de alerta, mais agora mesmo é máis importante ca nunca o civismo na limpeza das rúas e a separación na reciclaxe, usando axeitadamente as papeleiras e contedores da cidade. As bolsas sempre deberán depositarse pechadas e dentro dos contedores. Lembra que está prohibido usar os contedores e materiais para reciclar material procedente de obras ou do sector industrial.

Nas instrucións, o Concello lembra tamén as medidas en materia de amimais de compañía, atendendo ás indicacións da Dirección Xeral de dereitos dos animais, e incidindo na hixiene.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?