José Manuel Pequeño : "As cousas que facemos ben son as que facemos en conxunto"
O alcalde de Dumbría pasou polos micrófonos de "Vivindo a Costa da Morte"
Entrevista José Manuel Pequeño (31/03/2020)
24:38
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1585669049_803270/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Coronavirus en Dumbría
"Ao alcalde de Dumbría só lle falan de números. Enteirome ata vía USA de quen dou positivo no Concello. A protección de datos non pode estar sobre a protección da vida".
Camiño de Santiago
"É un golpe grande... son sete mil persoas que pasan polos albergues públicos de Dumbría. Aparte os privados. Temos que ir pensando en que facer para darlle pulo outra vez. Por moi optimistas que sexamos, pensar en normalizar nada antes de xullo, é excesivo"
Ciclismo
"Agardo que non caia LaVuelta. O Gran Fondo Ézaro... a ver. Son probas moi importantes para darlle publicidade á Costa da Morte.
Xeal
"O Concello de Dumbría vive dos fondos da fábrica. Dos embalses non sacamos nada, iso lévao Feijóo. Para nós é vital que os fornos estean encendidos.
Unidade
"As cousas que facemos ben son as que facemos en conxunto. Individualmente non imos a ningures. Pasa co Camiño, coas probas deportivas... Espero que esteamos todos á altura"