Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

... fixen videoconferencias

A Coruña

Ola Mayte, como vai? O outro día comentabas con Oswaldo Digón que parece que agora falamos máis. Máis aínda, que nos vemos máis! E todo iso é polas videoconferencias. Eu nunca fixen videoconferencias e confeso que agora estásenos indo das mans.

Porque primeiro non todo o mundo está preparado para as videoconferencias, aínda non está a xente ben afeita ao whatsapp como para meterlle isto. Xente que está desde o móbil, por favor, poñédeo en horizontal, que temos os ollos no eixo horizontal, non no vertical. Aínda imos mutar.

E o que nos está dando isto son planos de fantasía. Desde contrapicados nos que ves só o teito, ata planos nos que só ves tronco ou que están peor iluminados que o castelo do conde Drácula.

Tamén nos está dando a oportunidade de coñecer mellor á xente. Diredes, polas conversas que non se daban antes e que agora vemos que estamos nunha situación que hai que aproveitar o momento? Non, porque estamos vendo cómo ten a casa a xente e, por exemplo descubrir, como descubrimos onte no directo de La Hora Toria, que Pedro Brandariz ten un altar na súa casa, un altar a San Pedro Brandariz, cun coxín de Pedro polas dúas caras. Marabilla, poden velo no vídeo sobre estas liñas.

E logo seguimos tendo problemas que xa tiñamos. Como o de colgar, o de despedirse. Cando facemos conversas grupais, a xente vaise indo ata que só quedan dous e póñense a raxar do resto, unha cousa marabillosa. De feito, onte ao acabar La Hora Toria os participantes fóronse indo ata que quedamos Fer Liñares máis eu e aínda non arranxamos, así que, Mayte, case mellor colgo contigo antes. Ata o xoves que vén, e mentres tanto, queden na casa, laven as mans e non me fagan videoconferencias en vertical.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir