Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 02 de Junio de 2020

Otras localidades

Undécima vítima, terceira en Fisterra

Estaba ingresada no Hospital Comarcal logo de abandoar a residencia fisterrá

Fisterra contabilizada tres falecidos durante a crise sanitaria

Fisterra contabilizada tres falecidos durante a crise sanitaria / Cedida

A Costa da Morte lamenta hoxe martes o pasamento da vítima número once da pandemia do coronavirus. Unha muller de 85 anos finou esta pasada madrugada no Hospital ceense.

A falecida estivera interna na residencia de anciáns de Fisterra ata que un empeoramento provocado polo COVID-19 levou ao seu ingreso no centro sanitario. O seu delicado estado de saúde, xunto coa infección respiratoria foron o desencadeante do triste final. Deste xeito son tres as vítimas do coronavirus en Fisterra, dúas delas nos últimos dous días.

As cifras de mortos son o contrapunto ás esperanzadoras noticias que deixa a loita contra a pandemia na nosa bisbarra. Dende o pasado venres compútase un falecemento por día entre os contaxiados polo virus. A esa arrepiante cifra, se lle contrapón os bós rexistros que chegan dende o hospital, onde dende hai unha semana non é preciso evacuar a ningún doente ás UCI´s do CHUAC coruñés. Además, hoxe martes son seis os pacientes ingresados en planta no Hospital da Costa da Morte. O dato permite falar dun centro que está lonxe da súa máxima capacidade e onde a influencia dos casos que requiren internamento é moi baixo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?