O desmatelamento de Elnosa
O Concello de Pontevedra vén de aprobar a licenza urbanística para a execución das obras de desmantelamento das instalacións de Elnosa, que afectará á maior parte das edificacións do recinto

Instalaciones de ELNOSA / Cadena SER

Pontevedra
Sobre este proceso informou a concelleira de Patrimonio Municipal, Carme da Silva, quen adiantou que estas obras darán paso a un proceso posterior de descontaminación do solo e que "unha vez descontaminado e recuperado o terreo haberá que facer un proxecto de reintegración ao dominio público".
Da Silva explicou que para proceder á concesión desta licencia, o Concello solicitoulle a Elnosa as autorizacións sectoriais precisas, tanto a ambiental como a de Costas, nas que xa fixo constar os traballos previos de eliminación dos restos de mercurio de todas as instalacións.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarAsí, as obras consistirán no desmatelamento de todas as edificacións agás o edificio de oficinas, os tanques onde está almacenado o ácido clorhídrico, e a parte de depuradora, tanto o decantador de salmoira como de augas residuais. O proxecto ten un custe de 528.000 euros para un recinto que abrangue 13.525 metros cadrados, mentres que o prazo da licenza é de 6 meses e o prazo para comezar as obras será de 3 meses unha vez comunicada a licenza.
As edificacións e equipamentos que non se desmantelen serán utilizados nos traballos posteriores de descontaminación do solo, posto que será necesario que estean funcionando as depuradoras e usar o edificio de oficinas por cuestións de loxística.

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




