Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 02 de Junio de 2020

Otras localidades

Carballo lamenta a morte dun dos seus emprendedores

Felipe Coelo Gerpe faleceu onte con 82 anos vítima do COVID-19

O polígono de Bértoa perdeu a un dos seus impulsores

O polígono de Bértoa perdeu a un dos seus impulsores / Cedida

Carballo amenceu hoxe co pesar pola morte de Felipe Cotelo Gerpe. O empresario de 82 anos faleceu onte no CHUAC coruñés. Co seu pasamento son xa 13 as vítimas que o coronavirus xa se cobrou na nosa bisbarra.

Felipe Cotelo era un recoñecido empresario. Máximo responsable de Talleres Felipe e Hijos S.L, foi durante anos a faciana visible de Mercedes Benz na vila carballesa. A finais dos anos 70, en compaña doutros promotores, impulsou a creación do polígono industrial de Bértoa. Precisamente, a comunidade de propietarios do parque empresarial amosou as súas condolencias nun comunicado.

A morte deste industrial é o contrapunto ás novas que o coronavirus sigue deixando na comarca, onde por terceiro día consecutivo o número de doentes ingresados no Hospital da Costa da Morte sigue estancado en catro. Durante as últimas dúas semanas non foi preciso realizar ningún traslado ás Unidades de Coidados Intensivos do CHUAC coruñés, outro bó sinal na contención da pandemia que se está a experimentar na comarca.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?